Feira/Mostra

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Feiras do Libro de Galicia en Pontevedra

Pontevedra inaugura a primeira das citas coas novidades editoriais e autores da Feiras do Libro de Galicia 2016.

Tras a cidade do Lérez, seguiranlle Ferrol, Santiago, Porriño, Lugo, Ourense, Redondela, Ribeira, Vigo, Rianxo, A Coruña, Viveiro, Foz e Monforte.

Unha ampla programación cultural con obradoiros, recitais, concertos... complementa unha feira na que non faltan a presentación de novidades editoriais e os encontros con autoras e autores e sinaturas de libros.

Feiras do libro de Galicia 2016

Galego

Feira Modernista de Sada

Nesta edición como nas anteriores, búscase favorecer a participación dos veciños, do tecido empresarial e de todos os que se acheguen á localidade. Unha interesante oferta de concertos, clases de danza, pasarrúas, xogos tradicionais, charlas e conferencias, exposicións didácticas na rúa e unha atractiva proposta gastronómica construirán o esqueleto desta cuarta edición do modernismo en Sada.

Galego

Feiras do Libro de Galicia

A Coruña é a nova parada das Feiras do Libro de Galicia que, tras o seu paso pola zona do Barbanza, achégase á cidade herculina con novidades editoriais, citas coas autoras e autores e unha ampla programación cultural ao redor da lectura: recitais, concertos, obradoiros infantís... ata chegar a case un cento de actividades.

Galego

V Mostra das Tradicións Mariñeiras

A "V Mostra das Tradicións Mariñeiras", organizada pola Asociación de Redeiras Atalaia e o Concello da Guarda cunha programación chea de actividades para todos os públicos.
Tanto o venres, coma o sábado, e tamén o domingo, estarán abertas varias exposicións. O Museo do Mar, terá aberta a exposición permanente e ademais ofrecerase unha mostra de diferentes embarcacións tradicionais, entre as que destacarán, por exemplo, a "masseira ancorense" ou a gamela adaptada guardesa.

Galego

Feiras do Libro de Galicia

As Feiras do Libro de Galicia chegan a Rianxo, tras o seu paso por Ribeira a pasada semana nun percorrido por doce vilas galegas.

O acto de inauguración terá lugar as 13 horas, contando coa actuación do dúo Barahúnda, e coa presenza da escritora Helena Villar, que dará o pregón.

A feira non só supón unha cita coas novidades editoriais, senón que hai encontros coas escritoras e escritores, sinatura de exemplares, concertos -A nena e os grilos de Magín Blanco, entre outros-, teatro na rúa, humor, obradoiros infantís, recitais e outras moitas actividades paralelas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Feira/Mostra