Feira/Mostra

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Os contos de sempre

Celebramos o Día do Libro Infantil e Xuvenil con esta mostra sobre os contos de sempre. Os de tradición popular, que logo foron adapatados para o publico infantil, pero tamén os contos más contemporáneos pero xa clásicos.

Contos de Grimm, Andersen, Perrault, Collodi, Oscar Wilde... pero tamén os de Arnold Lobel, Roald Dhal, Ursula Wölfel, Gianni Rodari ou Maurice Sendak.

Contos para todo tipo de lectores e idades

Do 2 ao 30 de abril, na Sala infantil.

Galego

Feira do Libro

En seis meses as Feiras do Libro de Galicia percorrerán, na súa edición para 2018, 16 concellos galegos. Será entre o 16 de marzo e ata o 25 de agosto e visitarán Sanxenxo, Verín, Ferrol, Santiago de Compostela, O Porriño, Lugo, Ourense, Redondela, Ribeira, Vigo, Rianxo, Ponteareas, A Coruña, Viveiro, Foz e Monforte de Lemos. 

Galego

Mulleres de conto

O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra naceu en 1999 para promover a lectura nos máis mozos. 

O tema da décimo novena edición do Salón do Libro é Mulleres de Conto, co que se pretende render homenaxe ás mullers relacionadas co mundo da literatura infantil, xa sexan personaxes de contos, autoras, editoras, profesoras, ilustradoras... 

 

Galego

Feira Goyesca

Durante tres días, a zona vella de Santiago de Compostela rememorará a batalla de Campo da Estrela, na que as tropas da División do Miño se enfrontaron ás tropas napoleónicas durante a Guerra de Independencia. Recreacións históricas e pasarrúas protagonizan a axenda de eventos prevista. As actividades serán para todos os públicos. 

As rúas da zona monumental encheranse de soldados de época, tambores e outros artefactos históricos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Feira/Mostra