Conferencia/Mesa redonda

Galego
Taxonomy Imagen png: 

TDAH: Trastorno por déficit de atención e hiperactividade

O obxectivo no campo formativo de Afundación está definido pola vocación ao redor dunha educación comprometida mediante a defensa dun sólido sistema educativo integral. Partindo da importancia da escola como centro de aprendizaxe, as propostas de Afundación pretenden complementar o ensino académico, especialmente a instrución, presentando uns espazos e unhas actividades que conjuguen o lúdico e o formativo co fortalecemento de valores esenciais para unha sociedade cohesionada.

Galego

Charlas explicativas da exposición Vestir épocas 1860-1960

Charlas explicativas sobre a exposición 'Vestir Épocas'
Venres ás 18:00h con inscripción previa.

Debido ás medidas adoptadas polo Covid-19 e para garantir a seguridade dos visitantes, realizaranse no salón de actos estas introduccións ao contido da exposición, co fin de facilitar a comprensión do que despois será a visita de xeito individual.

Só se concederán dúas prazas por solicitude, e as persoas interesadas deberán recibir a confirmación por escrito, incluíndo o número de asento asignado.

Galego

Territorios híbridos. Superando binarismos

Alberto Carton (A Coruña, 1968) dirixe este proxeto que se desenvolverá entre os meses de outubro e decembro na Fundación Luis Seoane, no que nove especialistas impartirán un total de sete conferencias/coloquios agrupados en tres ciclos diferentes. O proxecto Creación e territorio aborda as relacións entre arte e sociedade, arte e paisaxe, arte e sutentabilidade, e a percepción da creación desde a vulnerabilidade do medio humano (demográfico, económico, xeográfico, histórico e económico).

Galego

Mulleres nas cidades

Alberto Carton (A Coruña, 1968) dirixe este proxeto que se desenvolverá entre os meses de outubro e decembro na Fundación Luis Seoane, no que nove especialistas impartirán un total de sete conferencias/coloquios agrupados en tres ciclos diferentes. O proxecto Creación e territorio aborda as relacións entre arte e sociedade, arte e paisaxe, arte e sutentabilidade, e a percepción da creación desde a vulnerabilidade do medio humano (demográfico, económico, xeográfico, histórico e económico).

Galego

Investigación e a innovación en didácticas específicas

Os camiños da investigación e a innovación educativa centran un ciclo de conferencias que organiza a Universidade de Vigo. Dirixido a proporcionar unha especialización nestes dous ámbitos tanto a graduados e graduadas como a profesionais da docencia, este mestrado promove por primeira vez un ciclo de conferencias dirixido a presentar “experiencias concretas de innovación e investigación relacionadas coas súas temáticas”.

26 de novembro:

Galego

III Semana da Ciencia do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías

A III Semana da Ciencia do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da Universidade de Santiago (USC) arrinca a próxima semana cun programa de actividades para todos os públicos e un formato renovado, completamente virtual, que se retransmitirá en directo pola canle de Youtube do IGFAE, co obxectivo de dar a coñecer o labor investigador do Instituto e espertar a curiosidade pola ciencia e a física.

Galego

Gala de clausura: Amor en dixital

Xoan Manoel Esparís, divulgador para seres menguantes (como o mesmo defínese) será o encargado de conducir a gala de clausura da VII Edición do Festival Carballo Interplay. Seguramente todos o lembraredes por documentais de gran rigor científico como ?As ondas cerebrais flotan porque non as ves ou Os átomos xogan nas súas horas mortas e por ser o autor entre outros dos ensaios O amargo soño dun androide namorado ou Percorrendo a Via Láctea na miña vespa.

Galego

Encontro con Verto

Ademais de ser o grupo revelación do pop galego neste ano tan estraño, o dúo formado por Berto Mira e Fer Peleteiro arrastra un fenómeno nas redes como non se viu ata o de agora. O seu secreto é ser riquiños cos fans, seguilos de volta en Twitter, responderlles e retwitearlos. Seguir sendo humildes a pesar de ter un fandom capaz de conseguirlles concertos en distintas localidades ou esgotar as súas camisetas en 24 horas. Falaremos con grupo de música nun encontro no que os fans poderán entrar en directo a falar con eles.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Conferencia/Mesa redonda