Clase Maxistral: O resplandor
O director do Festival de Sitges falará sobre o filme de Stanley Kubrick sobre a novela de Stephen King no seu 40 aniversario

O director do Festival de Sitges falará sobre o filme de Stanley Kubrick sobre a novela de Stephen King no seu 40 aniversario
O autor da saga "Apocalipsis Z" presenta a sua nova obra "La Puerta". Manel Loureiro e colaborador en La Voz de Galicia, El Mundo, Cadena Ser, Onda Cero e Cuarto Milenio
Coñece ao creador, guionista e showrunner de "El Ministerio del Tiempo", Javier Olivares, nun faladoiro no que descubrirás o nacemento da serie e moitas outras cousas.
Conexión en directo con Sam: Tras unha traxectoria na que acadou varios premios internacionais tanto con longametraxes coma curtametraxes, Sam é sinónimo dun maxistral traballo na técnica de stop-motion con títulos coma "Pos Eso", "Werepig", "Vicenta" ou "El ataque de los Kriters Asesinos"
Esta edición das Xornadas de Ilustración Urbana preséntase en modalidade virtual e concentrarase na xornada do sábado, 7 de novembro. Unha serie de encontros con ilustradores e ilustradoras, moderados por Maru Godas.
Programa:
11:30h Inauguración da xornada
12:00h Entrevista a María Herreros: Coñecendo a María Herreros
12:35h Entrevista a Catalina Rodríguez: Dous Camiños. Santiago vs Kumano
13:00h Exposición Xirarei comisariada por Fausto Isorna para o Auditorio de Galicia
13:30h Fin da xornada de mañá
Con motivo da exposición «Ron Galella. Paparazzo extraordinaire!», o venres 29 de novembro levará a cabo un evento que versará sobre a moda e, en concreto, sobre o boom do Street Style, no noso Centro Sociocultural da Coruña. O acceso será libre ata completar a capacidade.
María Aurora Pérez-Carro Fole ofrece o 22 de outubre, xoves, ás 19.30 horas, unha charla sobre A Monarquía da Restauración no círculo das artes.
Experiencias motivadoras de mulleres do eido cultural que queren promover en Muros o debate sobre o traballo e o éxito da muller neste ámbito e mais os desafíos aos que se enfronta en época de pandemia.
Muros (A Coruña) - Reservas: cultura@muros.es; 981 762 294
Interveñen: Eli Ríos, escritora; Carmen Senande, artista plástica; Marta Gómez, xornalista; Iria Pinheiro, actriz.
Desde o Instituto de Estudos Vigueses propoñen un ciclo de tres conferencias para recordar a figura deste arquitecto. A primeira será este venres 16 na Hemeroteca da EMAO, e correrá a cargo de Jose Antonio Martín Curty, co.fundador do Instituto e arquitecto. Será as 19.30 e levará por título En busca de Pacewicz.
O encontro A cor das palabras organizado polo Concello de Santiago en colaboración co Cinema NUMAX regresa neste último trimestre do ano achegándonos ao mundo do foley, onde os galegos Miguel Barbosa e Diego Staub, á fronte da compañía Sound Troop, son referente a nivel internacional. Baixo o título Os efectos de son no cinema, Barbosa e Staub aproximarannos aos segredos dun oficio tan descoñecido como creativo e fundamental na creación cinematográfica. O encontro terá lugar o sábado 17 de outubro ás 11:30 no Cinema NUMAX.