Conferencia/Mesa redonda

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Diálogos con Pepe Solla: Achegándonos á... escritora Carmen Quinteiro

Presentamos unha serie de faladoiros culturais dirixidos polo recoñecido cociñeiro Pepe Solla nas que contará como convidados co escritor Manel Loureiro, a arquitecta Teresa Táboas, o músico Amaro Ferreiro e a escritora Carmen Quinteiro.

Charlarán sobre a situación actual tan excepcional que estamos a vivir, como afecta á súa vida, á súa contorna, ao seu traballo ou ao seu sector, pero tamén sobre os seus proxectos, ideas, vida ou as súas afeccións menos coñecidas, coa idea de obter unha resposta de ilusión e un halo de esperanza para os próximos meses que nos esperan.

Galego

Todo o que debes coñecer do cancro para tentar evitalo

Como se orixina o cancro? Por que o padecemos? Que factores provocan que teñamos cancro? E, o máis importante: que podemos facer para tratar de evitar o cancro?

O cancro é un proceso ligado ao envellecemento do noso organismo. Dito doutro xeito: canto máis tempo vivamos, maiores serán as posibilidades de contraer cancro. Non obstante, hoxe en día temos o suficiente coñecemento sobre o cancro para tomar algunhas medidas que nos axuden a retardar os procesos celulares que o provocan. Se queres coñecelos, non te perdas esta charla.

Galego

A maldición da Lanza Sagrada: A obsesión de Hitler polo ocultismo e os obxetos de poder

Conferencia-proxección-coloquio: "A maldición da Lanza Sacra: A obsesión de Hitler polo ocultismo e os obxectos de poder ". Intervén: Laura Falcó Lara (editora), o mércores, día 28 de outubro ás 8 da tarde no Salón de actos do MARCO (C/ Príncipe, 54). Presenta: Abel Caballero (alcalde de Vigo). Aforo restrinxido a 34 persoas polas normas anti-covid.

Galego

Cultura para sumar na investigación contra o cancro

Charla-coloquio: "Cultura para sumar na investigación contra o cancro ". ("Sopa de ósos de perdiz", un libro a beneficio de Vigo Contra o Cancro). Intervén: Alberto Selecta (director de comunicación e márketing) e Puri Díaz (deseñadora gráfica e directora de arte), o venres, día 30 de outubro ás 8 da tarde no Salón de actos do MARCO (C/ Príncipe, 54). Presenta: Guada Guerra (xornalista). Aforo restrinxido a 34 persoas polas normas anti-covid.

Galego

Encontro con Miguel Anxo Prado

Con Miguel Anxel Prado e Kiko da Silva (retranca editorial) Descubre o novo traballo de Miguel Anxo Prado "O pacto do letargo" da man do propio autor e o editor Kiko Da Silva Os seres e os feitos marabillosos que escapan ás leis da Natureza e a Ciencia están presentes na maioría das crenzas e as relixións. E aparecen sempre agrupados en dúas castes antagónicas: bos e ruíns , anxos e demos, fadas e bruxas... E o ser humano queda aí, no medio, loitando coa súa propia natureza ambivalente. Cando menos, así o contamos nós mesmos, os humanos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Conferencia/Mesa redonda