SUSPENDIDA ATA NOVO AVISO! Nós: cruzamento de miradas
As páxinas da publicación ilustrada Nós (1920-1936) foron un encontro de olladas de xente de aquí, de fóra, mesmo do pasado, e sobre todo daquel presente.
As páxinas da publicación ilustrada Nós (1920-1936) foron un encontro de olladas de xente de aquí, de fóra, mesmo do pasado, e sobre todo daquel presente.
Seminario a cargo de Rosa Romero Franco dentro do Programa Universitario de Maiores.
Charla a cargo da profesora Ana Moure Soengas dentro do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo.
O 1 de outubro ás 19.00h poderás seguir por streaming esta conferencia con ésar Bona, nomeado como un dos 50 mellores mestres do mundo segundo o Global Teacher Prize (2014).
O 15 de outubro celébrase o Día das Escritoras e este ano queremos facelo cun ciclo de encontros con autoras ourensás que terán lugar todos os venres de outubro ás 20.00 h na Sala de Conferencias da Biblioteca (Andar 0).
O aforo é limitado polo que é mellor reservar o posto que se poderá facer a partir do luns anterior a través do seguinte enderezo de correo electrónico: biblio.publica.ourense@xunta.gal
Dentro das Xornadas Vicente Risco e as Vangardas Históricas 2020 este mércores teremos na Biblioteca:
- 20.00 h Conferencia: Vicente Risco e a creación dun imaxinario galego
Correrá a cargo da Historiadora de Arte e fotógrafa, Iria-Friné Rivera Vázquez
-21.00 h Presentación do libro: A orixinalidade radica na orixe. O concepto da imaxe galega na estática de Vicente Risco da editorial Doutor Alveiros
Presentan o presidente da Fundación Vicente Risco, Luis Martínez Risco; a autora Iria-Friné Rivera Vázquez e Felipe-Senén López Gómez
Que é a literatura?
E para que serve?
É imprescindible que a literatura sexa útil para algo ou para alguén?
Se é que si, para que ou para quen? Se é que non, por que a amamos tanto?
Velaquí unha pequena viaxe por esas preguntas que, de seguro, todas as persoas que escriben e len se fixeron algunha vez.
A Cidade da Cultura acolle a celebración do WOS Talks x Fest Galicia: Futuro_Presente, un evento orientado a redefinir, reimaxinar e reinventar esta nova realidade forzosa. O encontro nace como un programa de faladoiros arredor do coñecemento do futuro en tempo presente, abordando cuestións transversais que acadan máis alá da música ou das artes: a xestión social, a política ou a nosa implícita relación cos datos e entornos dixitais.
Sabela Mendoza e Gena Baamonde presentan o volume O público está aquí, un traballo de investigación a cabalo entre a teoría e a práctica que se dá a coñecer ao público como combinación de ensaio poético e conferencia performativa. Dúas aproximacións ao espazo que ocupa o espectador nas artes vivas contemporáneas, as pautas que guían a súa participación e os xestos e accións que determinan a mirada.
O coreógrafo e director da compañía Nova Galega de Danza, Jaime Pablo Díaz, e o bailarín e docente de música tradicional Fran Sieira, comparten conversa sobre a convivencia entre tradición e contemporaneidade na danza.