InnovaFood Forum: As claves da innovación no sector agroalimentario
Un punto de encontro para o sector agroalimentario, no que se falará da innovación como estratexia de alcance cara as tendencias que marcarán o seu desenvolvemento futuro. Para isto, contarase con relatorios e unha mesa redonda con expertos e profesionais.
Este foro, organizado polo Centro Tecnolóxico da Carne, celébrase no marco do proxecto INTERNOVAMARKET-FOOD para o sector agroalimentario de toda a Eurorrexión, financiado polo programa INTERREG V-A España- Portugal (POCTEP) da Unión Europea e o FEDER e organizada polo CTC.

