Somos o que lemos
A partir do mes de setembro, a Fundación Luis Seoane acollerá unha nova edición do ciclo Somos o que lemos que, unha vez máis, achegará ao público os traballos máis recentes de destacadas figuras do panorama das letras contemporaneas a través dunha serie de encontros coordinados por Javier Pintor, profesor de literatura e formador no Centro de Formación de Recursos do Profesorado da área da Coruña, ademais de coordinador e docente en diversos obradoiros de literatura e ciclos de conferencias sobre escritores contemporáneos.

