Unha vida, unha obra
‘Unha vida, unha obra’ é o título da conferencia que os comisarios da exposición José Suárez 1902-1974 ofrecerán o mércores día 24, ás 19:00 h, no edificio Castelao, e na que afondarán na vida e obra do fotógrafo galego máis internacional do século XX.

