Pasajero en concerto
O novo disco de Pasajero: Antídotos fugaces é unha sucesión de cancións cociñadas a lume lento na que a necesidade de evolucionar, sen perder a esencia, parece ser o ingrediente común. Unha electrónica máis presente e combinada coa súa base de rock dan como resultado dez enérxicas cancións, luminosas e coidadas, nas que se volve descubrir a calidade dunhas letras que describen, con acertados trazos de esperanza e rabia, momentos persoais da banda e situacións colectivas.

