Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Vinnie Moore

Vinnie Moore é un dos guitarristas máis versátiles, eloxiados e aclamados da década dos 80. A súa carreira musical en solitario é salientable xa que carga ás súas costas directos por todo o mundo e varios discos.

Agora embarcado no seu novo proxecto desde hai dous anos chega ao noso país para facernos participes da súa máxica e exquisita técnica en vivo, con clásicos da súa extensa e afamada traxectoria.

Galego

The Pretty Things

A banda que se formou en 1963, tomou o seu nome da canción "Pretty Thing" de Bo Diddley, e nos seus inicios eran coñecidos pola prensa británica como "os curmáns máis feos dos Rolling Stones". O grupo está de xira de despedida despois de medio século nos escenarios.

Galego

El Petit de Cal Eril

El Petit de Cal Eril é un grupo con base nunha pequena aldea de Catalunya chamada Guissona. Soa internacional, soa a unha mestura sesenteira entre Pau Riba e Syd Barrett, a contemporáneos como Bonnie Prince Billy e Bill Callahan, delicado como Cass McCombs e psicodélico como King Gizzard & The Lizard Wizard e Tame Impala.

Galego

The Hives

Hai máis de 20 anos apareceron de The Hives para poñer a escena rock patas para arriba. Desde Fagersta, Suecia e ao máis puro estilo garage rock, coméronse o mundo a base de enérxicos directos e os seus xa míticos traxes en branco e negro.

Galego

Metalmania

Metalmania transmite á perfección a intensidade dos temas de Metallica cunha personalidade propia nun espectáculo moi visual no que adoitan incluír atrezo, proxeccións ou mesmo pirotecnia (se se pode) para facer de cada concerto toda unha experiencia cargada coa mellor enerxía dos reis do Metal.

Galego

Doggie White

Doogie White é un vocalista escocés de heavy metal e hard rock sensacional. Leva máis de tres décadas no mundo da música. A súa traxectoria serviulle para ser recoñecido a nivel mundial polas súas colaboracións con diversas bandas como Tryxter ou Midnight Blue.

Galego

Tincho Fernán

Tincho Fernán presenta xunto a Carlos Gil e Nuria González "CARA B", a outra cara das cancións do uruguaio que tras pasar pola licuadora de Carlos Gil formalizan outro soar, outra cor que fai que sexa un concerto diferente, van xogando coa formación pasando por guitarra e teclados de base a dúas guitarras, ukelele, violín e loops gravados en vivo e interactuando co público.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto