Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Peregrinos musicais

A voz de Indra Sesti dei Lucca acompañada polo magnífico Cuarteto Ad Libitum Strings (Anca Smeu, Grigori Nedobora, Timur Sadikov e Ailsa Lewin) e a colaboración de Abi Smeu, con obras de H. Wolf, G. Tartini, G. F. Handel, Lloyd Webber, A. Piazzola. E. Morricone, D. Shostakovich e L. Anderson.

Galego

A fábrica dos soños

A xente está a deixar de soñar. Cada vez hai máis insomnes no mundo e ninguén sabe por que. Un heroe emprenderá unha viaxe fantástica polo Multiverso na procura dunha solución. A súa travesía cambiará o curso da historia, ou non. Será quen de atopar a Fábrica dos Soños?

Unha invitación para acompañar a Orquestra Sinfónica de Galicia nunha viaxe pola música de cinema da man de Víctor Grande.

Galego

Izal

Despois de xirar polos festivais nacionais, Izal presenta a Xira Autoterapia: un novo espectáculo, con novo montaxe e repertorio que levará aos seguidores da banda para vivir unha nova experiencia musical durante máis de dúas horas de concerto.

A imaxe de xira está inspirada no videoclip da canción La increíble historia del hombre que podía volar pero no sabía cómo.

Galego

Aretha Soul Divas & The Silverbacks

As Aretha Soul Divas (Astrid Jones, Juno, Mayka Edjole e Erin Corine Johnson) estarán acompañadas dunha das mellores bandas de soul e funk, The Silverbacks, grupo do selo Tucxone Records que, para a ocasión, prepararon un repertorio moi especial no que non faltará ningún dos clásicos da gran dama do soul como Respect, Think ou I Say A Little Prayer.

Galego

Georgina

A poucos meses da saída do seu cuarto disco, Georgina interpretará unha selección das súas cancións máis persoais e tamén as máis coñecidas ao longo da súa traxectoria musical.

Un éxito de crítica e público que encheu as salas de 12 cidades de España e Portugal desde que comezou en Madrid hai un ano.

Galego

Mark Knopfler

Lenda viva do rock, Mark  Knopfler visita España para presentar os temas do seu novo traballo, o noveno na súa carreira. O cantante de Dire Straits dará a coñecer os 14 temas dun disco pensado para ser tocado en directo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto