Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Banda Municipal de Música de Santiago. Barrio de A Gracia

Concerto da Banda Municipal de Música de Santiago no Centro Sociocultural de A Gracia.
Casiano Mouriño Maquieira, director
Programa:
Antonio Amigo
Dorado, (Pasodobre)
Manuel Iglesias
O Chopo, (Pasodobre)
Enrique Saavedra
Vilanoviña, (Pasodobre)
Enrique García Rey
Romería da Peneda, (Xota galega)
José Oro Val
A Jota de Pontevedra, (Xota)
R. F. Groba
Romaxeando, (Pasodobre-galaico)
Enrique García Rey
Canta Merza, (Muiñeira)
Enrique García Rey
Rebuldeira, (Muiñeira)

Galego

O galego crea ambiente

O programa O galego crea ambiente pivota arredor da idea de que a lingua é un dos alicerces do desenvolvemento sustentable. Forma parte do noso patrimonio, xunto coa cultura, a paisaxe ou a biodiversidade. Un patrimonio que cómpre coñecer e valorar, transmitíndoo e dándolle vida co uso.

Desde os stands de AGADIC presentes nos festivais adheridos a FEST GALICIA, o cómico Víctor Grande fomentará a participación da mocidade en entrevistas e no concurso Pasa a palabra. Os gañadores dos concursos recibirán diferentes premios e, entre todos eles, sortearase unha bicicleta eléctrica.

Galego

Cantamos un conto?

Tres músicos versionan contos clásicos reconvertidos en divertidas cancións cun aire de rock e blues en lingua galega para que os máis cativos as canten con eles, gozando de momentos moi especiais.

Cantarase e bailase con "Xan sen Medo", "Os Tres Porquiños", "O gato Kiriko" e algún outro entre xogos musicais e moitas sorpresas.

Galego

Las Antonias

Destripan boleros, tangos e outras delicias fundindo as súas voces entre guitarra, vasoiriñas, melódica e un fagot atopado. Introdúcennos con histriónico pracer no seu mundo Antoñil para facernos sentir e saber que todos somos Antonias e Antonios. Comulgando sen reparos, transmitindo nutrientes, filtrando substancias nocivas e fabricando hormonas a ritmo dunha escena obscenamente risueña.

Galego

A Roda da igualdade: ela e eles

O coñecido grupo A Roda únese a Najla Shami e a Lucía Pérez nun concerto que revisa a canción popular galega para amosarnos que as letras dos temas tradicionais galegos non teñen por que ser sexistas. Ao contrario, deben dar exemplo e mostrar que estamos ante un novo imaxinario e un novo discurso: o da igualdade.

Actividade de sensibilización da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia que se desenvolve no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Galego

Conciertos de flamenco

Concertos de flamenco na Sala Riquela durante toda a temporada estival.
Programa:
TACÓN GITANO FLAMENCO:
Xuño: xov 20
Xullo: mer 10, mar 16 e mer 31
Agosto: mer 7, mer 14, mer 21 e mer 28
Setembro: mer 4 e mer 11
DOS BALAZOS SONARON:
Xuño: dom 30
Xullo: dom 7, dom 14, dom 21 e dom 28
Agosto: dom 4, dom 11, dom 18 e dom 25
Setembrodom 1, dom 8, dom 15, dom 22 e dom 29
 

Galego

Concerto de Cristóbal Schulkin

Cedemos o salón de actos a Cristóbal Schulkin para a realización dun concerto no que o guitarrista fai un percorrido musical pola guitarra académica/popular arxentina, con obras de compositores actuais.
Nunha segunda parte mostra un repertorio de músicas de forte influencia étnico folclórica de diferentes países (EEUU, India, Turquía) sempre desde a linguaxe musical da guitarra clásica.
O intérprete comenta as obras e sitúa aos compositores no seu contexto para dar a coñecer a música ao público.

Programa completo do concerto: 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto