As cantigas de Elena
As cantigas de Elena é un proxecto que recompila melodías recollidas a Elena Alonso Pino (Toutón, 1 de xullo de 1928) por parte de María Vidal, Pichi Abollado e o seu neto, Pipo Alvariño.
Elena lembraba multitude de melodías, moitas delas moi antigas, e as cantaba dun xeito irrepetible. Tras unha sobremesa da cea de noite boa do ano 2016, Pipo Alvariño, María Vidal, Pichi Abollado e Miryam González acordaron que as fermosas melodías que conservaban de Elena non podían permanecer máis tempo no olvido. Así nace o proxecto As cantigas de Elena.

