Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

António Zambujo

António Zambujo presenta Do Avesso, o seu novo traballo no que se volve reinventar e romper as fronteiras do súa linguaxe.

No espectáculo de presentación deste novo disco Zambujo conta con sete músicos no escenario e ademais, solicitará a participación do público.

Galego

Mamá Cabra

Gloria, unha das fundadoras de Mamá Cabra, xunto cunha banda interpretaran os temas máis destacados da banda de música infantil.

Mamá Cabra leva 15 anos percorrendo os escenarios de Galicia facendo bailar a pequenos e maiores.

Galego

A Gramola Gominola

O novo traballo de Gramola Gominola é Bravas. O Rexurdir da Luz, un espectáculo no que se pon en valor ás superheroínas que tratan de cambiar o mundo cos seus superpoderes.

As protagonistas deste espectáculo son a Megatronca, a Lebre Chouteira, a Superlinga Paz, a Banda Pica Pica que empregan os seus poderes para loitar contra o abuso escolar, defender a lingua, protexer a natureza e visibilizar as emocións.

Galego

Banda Municipal de Música & Thesis Quartet

Intérpretes:

Álvaro Arias, saxofón soprano
Carlos Ordóñez, saxofón alto
Pablo Vigo, saxofón tenor
Roi Barros, saxofón barítono
Casiano Mouriño Maquieira, director

Programa:

I

Thomas DOSS (Austria, 1966)
SPOTLIGHTS, para Cuarteto de Saxofóns e Banda
Guillermo LAGO (1960)

Cidades

I.- Córdoba

II.- Sarajevo

II.- Addís-Ababa

II

Philip SPARKE (1951)
CONCERT PRELUDE (1984)
Bart PICQUEUR (1972)
JEU DE CARTES, Suite-Ballet (2013)

Galego

Ute Lemper

A cantante alemá Ute Lemper presentará o seu novo proxecto Rendezvous with Marlene no que rende homenaxe a Marlene Dietrich.

Este concerto enmárcase dentro da oitava edición do Ciclo Galicia Importa. Trátase dunha cita musical galega que ten como obxectivo achegar a distintos escenarios galegos aos artistas referentes no seu estilo.

Galego

Digitalism

O dúo alemán actuará por primeira vez en Galicia, concretamente na Coruña, onde presentarán todos os seus temas. Esta parella son habituais dos festivais máis importantes do mundo como Coachella, Glastonbury e Summer Sonic Japan, entre outros.

Este concerto enmárcase dentro da oitava edición do Ciclo Galicia Importa. Trátase dunha cita musical galega que ten como obxectivo achegar a distintos escenarios galegos aos artistas referentes no seu estilo.

Galego

Cupido

A banda Cupido ofrecerá un concerto dentro dos Atlantic Days, que á súa vez se enmarcan dentro do Atlantic Fest.

Cupido é resultado da unión das bandas Pimp Fraco e Chan Astra e aos poucos irán mostrando os temas que están a saír desta unión musical.

Galego

Pixies

A banda de rock alternativo estará de xira por Europa repasando o seu repertorio de temas míticos. O grupo nacido en Boston separouse no ano 1993. Once anos despois volveron a formar a súa banda e comezaron a percorrer os escenarios máis importantes do mundo. Pixies está considerada como unha banda de culto, ao longo da súa traxectoria lanzaron sete discos nos que se inclúen cancións tales coma como Surfer rosa e Doolitle.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto