Martha Argerich, Pablo Galdo e Sergio Tiempo
A recoñecida pianista Martha Argerich actuará en Ferrol xunto con Pablo Galdo, un dos pianistas españois máis destacados, e con Sergio Tiempo, colaborador de Gustavo Dudamel.

A recoñecida pianista Martha Argerich actuará en Ferrol xunto con Pablo Galdo, un dos pianistas españois máis destacados, e con Sergio Tiempo, colaborador de Gustavo Dudamel.
O pianista, cantautor e poeta británico Benjamin Clementine ofrecerá o seu espectáculo An Evening with Benjamin Clementine & His Parisian String Quintet. O artista contará coa participación de cinco músicos de corda.
Este concerto enmárcase dentro do Ciclo Galicia Importa, trátase dunha cita musical que ten como obxectivo ser unha proposta de música en directo diferente.
A segunda edición de Elas Son Artistas pecharase coa actuación de Amparanoia.
Amparo Sánchez, Amparanoia, interpretará os temas máis destacados da súa intensa carreira profesional de 22 anos. Neste concerto contará coa participación do guitarrista Willy Fuego.
O músico de Mali celebra os seus cincuenta anos nos escenarios co lanzamento do seu último traballo Un Autre Blanc.
A finais do 2018 Salif anunciou a súa retirada dos estudios de gravación pero ao mesmo tempo anunciou unha xira co seu último traballo, é coa que está percorrendo España.
A Real Filharmonía de Galicia estará dirixida por Paul Daniel neste concerto e contará coa participación do actor Luis Iglesia como narrador. Ademais, o Coro feminino do Orfeón Terra A Nosa acompañarán á Real Filharmonía interpretando a Elgar, Smyth e a obra de J. Rathbone, Balada da Prisión de Reading, que se estrea en España.
Programa:
O violonchelista franco-alemán Nicolas Altstaedt dirixirá á Real Filharmonía de Galicia nesta ocasión.
Programa:
M. Ravel: Le tombeau de Couperin
D. Shostakóvich: Concerto para cello nº 1 en Mi b M, op. 107
F. J. Haydn: Sinfonía nº 100 en Sol M Militar (Unha das Sinfonías Londres)
F. S. Kelly: Elexía In memoriam Rupert Brooke
O pianista, organista e director de orquestra británico Wayne Marshall interpretará ao piano, e dirixirá á Real Filharmonía de Galicia, nun concerto con obras dos compositores Gershwin e Bowen.
Programa:
G. Gershwin: Abertura de Strike up the band (Que soe a Banda!)
G. Gershwin: Concerto para piano en Fa M
Y. Bowen: Sinfonía nº 1 en Sol M, op. 4
A directora de orquesta coreana Eun Sun Kim será a encargada de dirixir á Real Filharmonía de Galicia.
Programa:
F. M. Hensel: Abertura en Do M
F. J. Haydn: Sinfonía nº 22 en Mi b M O filósofo
M. Martínez: Sinfonía en Do M
F. J. Haydn: Sinfonía nº 101 en Re M O reloxo (do ciclo das Sinfonías Londres)
Paul Daniel dirixirá á Real Filharmonía de Galicia nun concerto no que o compositor galego Andrés Gaos será o protagonista.
Nesta ocasión a solista Ye-Eun Choi interpretará o concerto para violín Á memoria dun anxo de Berg.
Porgrama:
A. Gaos: Impresión nocturna
A. Gaos (orq. J. Trillo): Rosa de Abril/Au point du jour/La rose/Fleur/Premier Printemps!
A. Gaos (orq. J. Trillo): Temporal
R. Vaughan Williams: Fantasía sobre un tema de Thomas Tallis
A. Berg: Concerto para violín A memoria dun Anxo
O pianista estadounidense Nicholas Angelich ofrecerá un concerto cun repertorio clásico e romántico no Ciclo de Piano de Ángel Brage.
A Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Paul Daniel, acompañará a Angelich neste concerto.
Programa:
R. Schumann: Carnaval, op. 9 (versión orquestral de Glazunov, Rimsky-Korsakov e outros para o ballet de Diaghilev)
R. Holloway: Scenes from Schumann, op. 13
X. Mariño: Obra encargo RFG
R. Schumann: Concerto para piano en la m, op. 54