Rede galega de salas

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Cincenta

Sinopse: O zapateiro  real recibe todos os días calzado das persoas máis importantes do Reino. Un día chega as súas mans un pequeno zapato de cristal, o fermoso zapato da Cincenta; un zapato que agocha unha fantástica historia.

A partir do clásico dos irmáns Grimm, Danthea teatro presenta unha comedia para toda a familia que mestura o teatro de actor e o de obxectos.

Galego

La desnudez

Este traballo trata de suxerir un paseo entre o amor e a morte. Un home e unha muller móvense e van tocando todo. Van construíndo algo líquido, maleable e que dá vertixe.

Empezan por espirse, pero non o corpo, desnudan as formas, e entenden a xeografía de onde se está.

 

Dirección: Daniel Abreu

Elenco: Daniel Abreu e Dácil González

 

Galego

Paisajes de extinción

A poética do abandono.

O relato que subxace na peza é a extinción do salvaxe, do indómito, fronte á ocupación humana de todos os territorios -para obter deles recursos-. Á vez que se abren novas vías de comunicación, ábrense canles á continua colonización e desaparición do natural. Mesmo naqueles lugares abandonados polo home -tras unha rápida industrialización doutros-, xorden propostas de humanización e de re-explotación, xa sexa mediante o turismo ou a través de calquera outra idea capaz de producir bens.

Galego

O cinematomago

Un cinematógrafo é un aparato que permite proxectar imaxes creando unha sensación de movemento, e un mago é unha persoa que ten a capacidade de conseguir cousas extraordinarias cos seus poderes sobrenaturais. O cinematomago é esa personaxe que converte esas imaxes en movemento en maxia.

Galego

Rato canguro

Contacontos: David Pernas

Sinopse: A Fuco  tocoulle hoxe coidar dun bebé. Trátase de Cochín, un porquiño fillo duns amigos que hoxe van sair cear e precisaban alguén que lles quedase co fillo.

A merenda, o cambio de cueiro serán tarefas que mal que ben, Fuco  fará esta tarde. Tamén contará contos de porcos, que son os favoritos de Cochín  e axudarán a telo entretido

Galego

Letras e notas

O formato desta nova proposta será un contacontos musicado que axudará aos nenos e nenas a estimular a súa creatividade e curiosidade polas letras e as palabras,
pola lingua, polos contos e a música para que poidan crear o seu propio universo creativo.
 Ao longo do ano 2017 Magín ten creado novas pezas musicais incluídas en traballos editados pola Mesa pola normalización lingüística e que teñen como obxectivo
 dotar ás nenas e nenos, profesorado e familias de ferramentas audiovisuais e edicións coas que aprender o abecedario, os nomes das aves ou os dos peixes en

Galego

Güe-Güe

Dirección: Jorge Rey

Elenco: Jorge Rey

Sinopse: Güe Güe é un pequeno moi lacazán que anda todo o tempo enredando, esta noite parece que non quere dormir no berce e mira ti onde vai, na cesta das froitas

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de salas