Rede galega de salas

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Cantamos un conto? Coa Banda

Tres músicos versionan contos clásicos reconvertidos en divertidas cancións cun aire de rock e blues en lingua galega para que os máis cativos as canten con eles, gozando de momentos moi especiais.

Cantarase e bailase con "Xan sen Medo", "Os Tres Porquiños", "O gato Kiriko" e algún outro entre xogos musicais e moitas sorpresas.

Galego

Carapuchiña vermella ou o conto do lobo

Elenco artístico: Carlos Clemente Martinez e Anxo Rodriguez

Duas versións do mesmo conto,porque cada quen narra o conto como lle vai na feira.

Un avó moi vello e encollido, e o seu neto relambido, queren conta-lo conto a un tempo; acordan que o neto leve o fío e o avó lle axude só cando o novo se atranque. Pero o avó apaixónase e chochea a partes iguais, e ámbolos dous fanse unha lea de moita tea, coa Carapuchiña... Vermella?

E para rematar, o Lobo, farto da súa mala prensa, quere da-la súa versión da historia.

Galego

La danza, un camino a recorrer

 

"La danza, un camino a recorrer" é unha proposta educativa, creada desde un punto de vista absolutamente pedagóxico, que busca como fin dotar aos nenos  e adolescentes dunha base de coñecemento sobre a  descoñecida arte da danza, co fin de que nun futuro poidan ser espectadores críticos e reflexivos. Desde unha formulación do espectáculo visual e activo, conducirase ao alumno/espectador a través do tempo, mostrándolle os diferentes personaxes, músicas e bailes pertencentes a cada época histórica e que en ocasións poderá executar.

Galego

Paxariños

Vanessa, actriz condutora da actividade, ten un xardín, turelí.  No xardín hai un niño, tureló.  No niño hai un ovo, turelí.  Espera  que dese ovo enorme que nos amosa, naza un paxariño. E fai tódolos preparativos necesarios para recibilo da mellor maneira posible.

Galego

Kikiriguau

Recomendado para os máis pequenos da casa, Kikiriguau é un espectáculo sen palabras, co idioma dos animais para que todos o podan entender sen importar de onde sexan ou se están a aprender a falar. Por iso é chamado iniciación ao teatro. Os coloridos monicreques, a iluminación, a banda sonora orixinal e por suposto as historias están pensadas para que esa primeira experiencia no teatro esperte nese novo chegado público a súa curiosidade e diversión.

Galego

Recreo

Recreo é un espectáculo de sombras que dá luz a unha historia baseada en feitos reais.

Esta é a historia de Telma, unha grande aventureira que só pensa en atopar tesouros perdidos en lugares remotos xunto ao seu amigo Luís á hora do recreo. E... que pasa co bocadillo? Á pequena intrépida non lle dá tempo. Comerllo ou non llo quere comer, ou peor aínda, quítanllo. Porque ela volve todos os días a casa famenta. Por iso o seu pai está tan preocupado... como xa non se acorda de como se buscan os tesouros...

Galego

Heartbeat

Heartbeat é un só de movemento para un intérprete. A primeira finalidade deste só é ocupar un espazo e un tempo bailando. Unha sesión de música dance, hip hop, techno e electrónica serven de base ao movemento. A pulsación da música é a que marca o ritmo e a que ofrece o estímulo ao corpo para moverse. Un corpo que está a escoitar súas necesidades así como da súa espontaneidade nun exercicio de improvisación. 

Galego

Mikrokosmos

Concerto-performance de 30 minutos de duración para Multipercusión, Electrónica e Arte Visual Sincronizado no cal o artista vai situado dentro do establecemento, mentres que os espectadores gozan do espectáculo a pé de rúa.

 

Galego

STRPTS: Fin de tempada

STRPTS: Fin de tempada é un espectáculo de cine ao vivo, ou tamén teatro multimedia, ou tamén teatro transmedia que combina diferentes técnicas teatrais como obxectos, monicreques, sombras e actores coa creación, manipulación e proxección en vivo de imaxe e son.

Un home e unha muller foxen perseguidos por unha mentira, mais non poden fuxir eternamente. Chegou a hora de afrontar o engano, a manipulación. Agora ben, con que armas? Coa verdade, con outra mentira. Serán quen de manterse no mesmo bando?

Galego

A árbore vermella

Dirección: Gustavo del Río

Elenco: Gustavo del Río e Alumudena del Río

 

Martín non encontra máis recurso que pedir nas rúas. Martina, a súa filla non entende o que pasa, sofre a vida do seu pai e éntranlle os medos, a tristeza e a desolación. Martín non sabe que facer, espera unha chamada, algo que cambie o rumbo dos acontecementos. Cando todo parece que non ten solución, unha árbore vermella aparece na vida de ambos.

 

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de salas