Rede galega de salas

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Deixa de tocala, Sam

 

Deixa de tocala, Sam nace dunha curta representada na parte de atrás do Salón Teatro, dentro do ciclo Teatro obsceno.

O pianista Velpister e a actriz AveLina Pérez, elaboran un anti/poema que berra a necesidade de entender onde está o brillo neste mundo posmoderno.

O diálogo establécese entre a voz falada e o piano, creando un concerto teatral na procura do ENCONTRO.

 

Galego

Los tres cerditos

O conto comeza cun lobo feroz, encerrado no zoo. Está triste e seu soño acaba por ser un pesadelo. O lobo rompe as barras da súa gaiola e consegue escapar.

 

Elenco:

Sabela Amado Rojo

Plamev Dipchikov

 

 

Galego

De pé crebado

De pé crebado é unha antoloxïa a partir dunha proposta seleccionada por Antón Lopo das últimas voces da poesía galega da actualidade.

O movemento de Olga Cameselle, a voz de Alfredo Rodríguez e as imaxes de Mirian Rodríguez propoñen unha viaxe sensorial.

Galego

El principe que no sabía jugar

A historia comeza así: "Contan que, nun castelo vivía un Rei que protexía excesivamente ao seu único herdeiro.Tanto é así, que non lle permitía xogar cos demais nenos da aldea. O Príncipe pasaba a maior parte do seu tempo encerrado na súa suntuosa habitación".

Da man da compañía de monicreques A la Sombrita, o público aprenderá o valor dun sorriso e a importancia da amizade.

Galego

Pequeno Cabaré Infantil

Director/a: Nelson Quinteiro Roa

Autor: Nelson Quinteiro Roa

 

Un orixinal espectáculo para nenos e nenas de todas as idades que consiste en a instalación dun vistoso teatrillo na túa rúa, praza ou teatro, a modo de unha barraca de feira ou de circo antigo e no que o mestre de cerimonias "Pedrito Mendrugo" e a súa pulga "Jacinta Florette" farán as delicias dos máis pequenos e tamén dos máis maiores transformando algúns contos populares desde un punto de vista moito máis cómico e actual.

Galego

Problemas

Ás veces un pode meterse en problemas por non respectar certos límites. E unha vez metidos no problema, o mellor será buscar con calma unha solución e aprender da experiencia.

Sesión na que se trata a importancia dos límites na educación.

Elenco: David Pernas

Galego

Aventuras na cociña

A parte de ser un gran lector, Fuco, o rato de biblioteca, é unha gran cociñeiro. Hoxe vai preparar en directo un menú moi san. Neste espectáculo trátase o tema da alimentación e propóñense hábitos saudables.

Elenco: David Pernas

Galego

Desconexión

Sinopse: O individuo 724/2013 FK3 cumpre a súa condena conectado a un semáforo regulando o tránsito de peóns. Ten dobre personalidade: cando viste traxe verde é amable e deixa pasar; cando viste traxe vermello é malencarado e manda parar. Xornada tras xornada desenvolve a súa rutineira misión, sen poder esquecer o seu obxectivo soñado: fuxir cara á liberdade e converterse nun ser humano. Ata que escoita unha voz sensual que o fai saír da súa gaiola e emprender unha viaxe cara ao descoñecido. Por fin atopou unha vía para desconectar.

Galego

O agasallo de Anya

Sinopse: Anya e Xiana son dúas nenas que viven separadas por catro mil kilómetros, e unidas por todo o demáis: sentimentos, ilusións, proxectos, ansia de felicidade.

Neste espectáculo, as dúas protagonistas descubrirannos as razóns polas que os mellores agasallos non se reciben, danse.

Unha obra baseada no conto orixinal de Sabela Núñez Singala que representamos con marionetas de distintas técnicas de manexo dentro dunha escenografía en continuo cambio.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de salas