Rede galega de salas

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Optimismo Florence

Elenco: Julio Fernández e Eva Alfonso

Dirección: Julio Fernández Peláez

Peza baseada na vida de Florence Foster Jenkins (1868-1944), que foi unha excéntrica soprano estadounidense que se fixo famosa pola súa completa falta de habilidade musical.

 A través da parodia teatral, política e social, a obra mergúllase no hilarante, para debullar comportamentos que poñen en evidencia o absurdo da realidade na que vivimos.

Galego

Magín Blanco e a Banda das Apertas

A Banda das Apertas, composta por Magín Blanco, María Faltri, Jorge Juncal e Jerry Noia teñen un longo percorrido acompañando a A nena e o grilo nas súas propostas escénicas, e chegou o momento de voar sos.

Nesta nova produción as músicas do creador Magín Blanco conviven con outras coñecidas cancións que o público familiar recoñece e valora da historia da música contemporáneas, e que permitirán gozar en familia dun concerto, no que o público é parte do elenco: coreando, acompañando e sobre todo disfrutando con esta Banda das Apertas.

 

Galego

Contos de lobo

Un conto interactivo onde se mestura a maxia o circo ou a hipnose...
 
Sinopse: Dúas personaxes dispares pero no fondo parecidas, acordan contar historias onde aparezan lobos... pero ao final un fai maxia, outra hipnotiza, os dous fan acrobacias... ala! E os contos? 
 
Neste espectáculo dentro da programación de Rede galega de salas trátase a temática da boa alimentación así como a estimulación para o xogo e a participación teatral
 

Galego

A miña primeira viaxe

A miña primeira viaxe é a historia do comezo, do nacemento da vida. Un neno viaxa dentro da súa cápsula por un universo descoñecido. Non sabe cara onde vai, nin quen é. Pero non ten medo se sinte o tum-tum dos motores.
Unha vella maleta transformada nunha caixa de luz, focaliza a mirada do que observa. Unha actriz que conta e canta un relato de procura da propia identidade, e un músico que dialoga coa linguaxe onírica do propio relato; son as pezas fundamentais desta viaxe, da primeira de tódalas viaxes.

 

Galego

O Quebranoces

Na noite de Nadal o padriño regálalle á pequena Clara un crebanoces con forma de boneco. De tanto partir noces, o boneco acaba rompendo, e Clara desgústase moito. Para consolala o padriño contaralle a historia do boneco Crebanoces, xa que o Crebanoces en realidade é un valente personaxe que loitou co seu exército de xoguetes contra a raíña dos ratos.

Galego

Rosa Caramelo e outras historias

Autora: Adela Turín

Directora: Paula Carballeira

Sinopse: Illada nun xardín, Margarita é a única elefanta do grupo que non consigue que a súa pel sexa de color rosa caramelo. Cando os seus pais desisten desa idea descubrirá o significado da libertade, e abrirá o camiño da igualdade para as súas compañeiras.

Un espectáculo para nenas e nenos onde se lle dá a volta a roles e estereotipos de xénero.

Galego

Mans

Un orixinal espectáculo onde as mans non pararán de falar.
MANS é un espectáculo de teatro e narración oral onde as historias secontan con palabras e as personaxes aparecen nas mans.
Contos populares,contos de creación propia, fábulas e xogos casmans…son dramatizados con sombras chinesas, monicreques, luvas.. e
 moita imaxinación.

Elenco:

Pablo Sánchez

Galego

Teatro invisible

Elenco: Ana Vallés

Sinopse: Como muller de teatro, que leu e releu aos teóricos - incluidos conceptuais, dogmáticos e intransixentes - decidín asumir a fatalidade e o encadeamento de sucesos como o elemento substancial dos meus actos pasados e presentes e concluín en verificar o sensentido de manuais e doutrinas á hora de comprender o funcionamento das cousas en xeral e das persoas en particular.

Galego

Magín Blanco e a Banda das Apertas

A Banda das Apertas, composta por Magín Blanco, María Faltri, Jorge Juncal e Jerry Noia teñen un longo percorrido acompañando a A nena e o grilo nas súas propostas escénicas, e chegou o momento de voar sos.

Nesta nova produción as músicas do creador Magín Blanco conviven con outras coñecidas cancións que o público familiar recoñece e valora da historia da música contemporáneas, e que permitirán gozar en familia dun concerto, no que o público é parte do elenco: coreando, acompañando e sobre todo disfrutando con esta Banda das Apertas.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de salas