Rede galega de salas

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

On, o funambulista

Autoría:Patricia Toral, Chantal Franco

Patricia Toral.............titiriteira e actriz

Chantal Franco.........titiriteira e actriz

Verónica R. Galán....Compositora e intérprete da música.

Teatro de sombras analóxico e artesán que emprega como linguaxe narrativa a imaxe proxectada e a música en directo.
On é un personaxe coa súa sombra alo que se acompaña na descuberta de paisaxes sonoros e inesperados avatares. 

Galego

O país dos mandóns

Pepino, Pepone e Pepuccia camiñan polo mundo debuxando no seu mapa os lugares por onde pasan. Estiveron en moitísimos países; o país das chuches, o país da música, o país das cores... e no país dos Mandóns... O seu paso por este país, coincidiu cun gran cambio. 

Grazas a Clara, este lugar feo e triste, converteuse nun lugar bonito e feliz. Dende entón coñécese como O país da Igualdade. 

 

Ghazafelhos adapta nunha obra de teatro tres contos da colección A Igualdade Conta de Edicións Embora.

Galego

O Murmurio do mar

O mar, no seu infinito murmurio trae consigo sons,lendas e tamén cancións.

Dende tempos inmemoriais o mar,   ademais de ser unha inesgotable fonte de inspiración para debuxantes, músicos e poetas, agocha historias e aventuras de sereas, piratas e vellos mariñeiros.

A través dos contos e da música, utilizando  monicreques, obxectos, instrumentos e por suposto moita imaxinación sumerxerémonos nun universo tan real como lendario, un mundo mariñeiro do que sabemos algunhas cousas e descoñecemos moitas outras. 

Un mar que, por enriba de todo debemos coidar e respectar.

Galego

o bufón do reino

Nunha mañá  soleada e primaveral, aínda que na tarde chovera un pouco, ao Rei  dun reino o don da fala e da risa desapareceronlle.

 O Rei  non falaba, o rei non quería falar, tampouco quería rir. Os máis achegados ao rei, os asesores do reino e o pobo en xeral non sabían que facer… e pensaban, pasaron días, meses e case un ano, cando de súpeto xurdiu da néboa un bufón, ben, unha bufona, ofrecéndose para devolverlle o don da fala  e da risa ao rei a cambio de case nada.

Galego

Nabiza Girl

Chelo Garcia Naveira, máis coñecida como Nabiza Girl, é unha superheroína rural galega con denominación de orixe protexida. Os seus poderes proveñen do sulfato.

Espectáculo de humor da actriz Isabel Risco.

Galego

Brancaneves e os Sete

Jorge Rey-Ainternacional Teatro é unha compañía de teatro dirixida por Jorge Rey, director e dramaturgo arxentino que vive en Galicia desde finais dos anos setenta.

Nas ruinas dun Pazo perdido entre bosques e montes latexa a historia da pequena Brancaneves.

Galego

Caperucita roja

A Flop encántalle facer tortas e pasteis, pero o que máis lle gosta é comer as galletas que fai a súa nai. Ese día, ao ir coller unha, atopa unha nota: "Deixo estas galletas para a túa avoa. Son desas de chocolate que tanto che gustan. Non collas ningunha". Que non colla ningunha! Co ricas que están! E é que a Flop basta que lle digan que non a unha cousa, para que lle entren unhas irresistibles ganas de facela.

Galego

Symon Pédícrí

Autor e director: Diego Anido

Symon, cirurxián autodidacta de gran talento, nace 9 meses, 9 días e 16 horas despois da morte doutro Symon Pédícrí, o seu irmán e homónimo, con cuxa sombra se bate durante toda a súa vida.

Sabedor de que o seu outro eu tivo que morrer para que os seus pais o concibisen, chegou a aplicar o legado científico dos Pédícrí, antigos criadores de cabalos, sobre o seu propio corpo.

Galego

Chungo

Luis explica as súas vivencias vitais como actor e a deriva que o ten levado a interpretar papeis de raro, de non moi listo e sempre de chungo. Farto da vida, da crise, de non ligar e sobre todo de todos este papeis de chungo… pódese afirmar que na súa carreira como actor perségueo o chunguismo, sen dúbida ningunha.

Esta progamación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nas propias salas onde se celebra.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de salas