Rede galega de salas

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Babiliglub

A tranquilidade do fondo do mar vese interrompida por un pequeno peixe e o seu peculiar xeito de falar, o protagonista só sabe dicir Miau!!
O miaño provoca unha airada resposta no resto da fauna mariña, un trío de peixes, un peixe multicolor e un polbo, que só saben dicir NO!
Pero no fondo mariño o politicamente correcto sería dicir Glub!

A representación é un alegato pola tolerancia e a aceptación da diferenza.

Galego

Aupapá

Espectáculo para nenos e nenas de 0 a 3 anos acompañados de mamá ou papá para que os aúpen.
Traballo dos sentidos onde a luz, os sons, os xestos e o movemento crearán unha atmosfera pracenteira, un reduto de observación tranquila a un tempo fose do ritmo cotián. Para iso exponse un traballo xestual e coreográfico de gran precisión e sensibilidade así como unha escoita enfocada á interactuación cos pequenos espectadores, transportándoos a unha atmosfera irreal e máxica que se desenvolve diante dos seus ollos a unha distancia privilexiada, ofrecéndolles un punto de vista único.

Galego

A saia da Carolina

A saia da Carolina é un entremés satírico inspirado na tradición oral onde se xuntan contos con cantos, confesións, sermóns, locucións, recomendacións, adagios, proverbios, trabalinguas, adiviñas, ditos e reditos para contar a historia dos amoríos do Padre Damián coa súa criada Carolina, muller de Xosé, o muiñeiro.

Galego

Illas Atlánticas

Illas Atlanticas. Viaxe íntimo coma pesquisa sobre a situación propia nun hoxe calquera e a busca do espazo onde reside a máis vella sensualidade. Esta viaxe aséntase sobre un solo monologado e outro solo de danza. Dúas Illas atlánticas: Illa Norte e Illa sur; dúas visións, dúas linguaxes, dous discursos que se aillan e se entretecen, facendo múltiples combinacións posibles maís alá da propia vontade do executante, aillamos e superponemos. Somos illas somos parque.

Galego

A miña primeira viaxe

A miña primeira viaxe é a historia do comezo, do nacemento da vida. Un neno viaxa dentro da súa cápsula por un universo descoñecido. Non sabe cara onde vai, nin quen é. Pero non ten medo se sinte o tum-tum dos motores.
Unha vella maleta transformada nunha caixa de luz, focaliza a mirada do que observa. Unha actriz que conta e canta un relato de procura da propia identidade, e un músico que dialoga coa linguaxe onírica do propio relato; son as pezas fundamentais desta viaxe, da primeira de tódalas viaxes.

 

Galego

A miña primeira viaxe

A miña primeira viaxe é a historia do comezo, do nacemento da vida. Un neno viaxa dentro da súa cápsula por un universo descoñecido. Non sabe cara onde vai, nin quen é. Pero non ten medo se sinte o tum-tum dos motores.
Unha vella maleta transformada nunha caixa de luz, focaliza a mirada do que observa. Unha actriz que conta e canta un relato de procura da propia identidade, e un músico que dialoga coa linguaxe onírica do propio relato; son as pezas fundamentais desta viaxe, da primeira de tódalas viaxes.

Galego

A Historia de Brancaflor

Un espectáculo a medio camiño entre a maxia e o contacontos dirixido polo Premio María Casares Avelino González. A través da maxia e do clown cóntase a lenda de Brancaflor. Os 11 pretendentes de Brancaflor asócianse con cadanseu xogo de maxia e ela terá que seleccionar o seu namorado ao longo dunha hora de maxia, contos e humor para grandes e pequenos.

Os Sete Magníficos máis Un propoñen un espectáculo de animación á lectura dun xeito distinto: a partir de sinxelos xogos de maxia, do clown, da participación do público e da marabillosa tradición narrativa galega.

Galego

4 Tempos

Actriz .................... Iría Acevedo
Manipulación.................. Guillerme Cancelo~

Espectáculo musical de 30 minutos para bebés de 6 meses a 4 anos.  A actividade consta de dúas representacións consecutivas.
 
SINOPSE: Poética e divertida viaxe escénica a través das distintas estacións do ano. Espectáculo pensado para os mais pequenos a través de elementos moi sinxelos para que participen nos grandes cambios e transformacións  que se producen no inverno, outono, primavera e verán.
 

Galego

Valentino Rufini e Àkil Pillabán de viaxe a Milán (e van sen un can)

Século XVIII. Italia. O cabaleiro Valentino Rufini de regreso á súa casa en Milán é abandonado polo seu criado, que lle marcha cos cartos. Só, carregando co seu baúl de viaxe, e coa faldriqueira baleira, decide pasar a noite nunha casa en ruínas no camiño por onde pasa a carruaxe a Milán. No mesmo lugar decide tamén pasar a noite Danniello Pillabán, a quen a súa ama deixou composto, sen cartos e cun baúl cheo de traxes de señora ostentosa vida a menos. Ambos os dous coñeceranse e compartirán a noite, e con ela, desexos, sospeitas e medos, mentres agardan a que de mañá pase a carruaxe.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de salas