A órbita do lucecú
Tres compañeiros de piso orbitan compartindo espazo e soidade. A enerxía que conteñen no seu interior marcará os seus destinos. As cousas máis simples, as veces son as máis difíciles de conseguir, os nosos esforzos pérdense na noite como o refulxir dun lucecú que titila até esmorecer, cando non acada a resposta buscada. A órbita do lucecú explora as relacións humanas nunha viaxe curiosa e divertida a través de Marte, Nikola Tesla e os lucecús.