Os cans non comprenden a Kandinsky
Dirección e dramaturxia: AveLina Pérez
AveLina Pérez: A actriz
Daniel Casquero: O espectador
Deseño de son a partir das Esculturas Sonoras de Alberte Pagán.
Dirección e dramaturxia: AveLina Pérez
AveLina Pérez: A actriz
Daniel Casquero: O espectador
Deseño de son a partir das Esculturas Sonoras de Alberte Pagán.
Foi una constante nos últimos anos que o público lle pedisen a Caxoto que creara un espectáculo de contos para cativos de 0 a catro anos. De aí xurde O berce das verbas onde a través da palabra contada, imaxes suxerentes, música en directo e a imaxinación colectiva iremos creando e recreando un espazo non que poidan soñar.
35 minutos de contos poboados de animais, viaxes espaciais, tronos reais, cantos de berce… que rematarán cun experimento sonoro onde as novas tecnoloxías póñense ao servizo do público.
Renato é un vello bibliotecario apaixoado dos libros e que ten como peculiaridade narrar os contos a través da música, o teatro de sombras, a maxia e mesmo os malabares.
Un día visítalle Piruleta, un rapaz novo na vila. Xuntos vivirán mil aventuras que xamáis esquecerán…
Detrás dos procesos creativos de Janet Novás hai certas liñas ou principios recorrentes que son responsables das decisións que perfilan os seus traballos e que se dividen en dúas grandes categorías: unha de carácter intuitivo, imaxinativo e sensorial e outra que cuestiona e problematiza a primeira.
O resultado estético e ideolóxico das pezas é unha transcrición do diálogo entre estas dúas formas de pensamento. Neste proceso busca facer máis consciente que nunca este diálogo.
Sinopse: Unha noite de verán un pastor noviño entrou no bosque buscando unha ovella que se lle perdera. Veña a dar voltas e voltas e de súpeto decatouse que estaba el tamén perdido.
Os soños na gaiola de Manuel María é unha obra de monicreques para público infantil e familiar que supón a homenaxe que Títeres Alakrán e o dramaturgo e director Roi Vidal lle queren facer ao poeta Manuel María, ao que en 2016 se lle dedicaron as Letras Galegas.
O espectáculo déixase levar polo influxo de Alicia no país das marabillas de Lewis Carrol para ofrecer unha mirada nova sobre os poemas do libro Os soños na gaiola co obxectivo de lles achegar aos máis cativos o mundo rural da infancia do poeta chairego.
O Comenoites é un conto infantil, escrito e ilustrado por Ana Juan (Premio Nacional de Ilustración). Unha bonita historia coa que as nenas e nenos descubrirán o segredo de por que existen o día e a noite.
O Comenoites é un duende regordiño encantado de comer a noite para que o sol poida saír outra vez e traerlles luz, calor e color a todos. Un día, a lúa coméntalle que está demasiado gordo e o Comenoites deixa de comer. Cal é o problema? Pois que se o Comenoites non come a noite, o frío e a escuridade reinarán para sempre na terra e o sol non volverá a saír nunca.
Eso que vi é unha visión particular sobre as imaxes que inflúen nun corpo desde a infancia ata a etapa adulta. É tamén un fragmento de estudo sobre a televisión mexicana.
Eso que vi inicíase colleitando as imaxes da televisión e a súa forma de establecer identidades nun mecanismo escénico cotián que articula a ficción, a realidade e as posibilidades de construción doutros ocos que a Manuel Parra lle posibilitan falar desde un lugar no que non é actor, director, escritor, nin nada do que pensaba que podía ser.
Tras 18 anos de experiencia nos escenarios, Chrystyan Magic presenta o seu novo espectáculo de maxia moderna e cómica para público familiar. Trátase dun show de variedades onde se usan obxectos moi diversos coa intención de buscar un espectáculo áxil, dinámico e moi divertido.
Intérprete: Alexis Fernández
Este proxecto nace da inquietude por descubrir novas maneiras de relacionarse co espazo e co movemento e empezou a xermolar grazas á aposta que Carolyn Carlson fixo por este traballo. Convidóuselle a La Macana a residir no Centro Coreográfico que ela mesma dirixe en Roubaix-Nord Pas de Calais durante un período dun mes, o que lle permitiu empezar a investigar novas maneiras de producir linguaxe a partir de pautas distintas ás que coñecían.