Rede galega de salas

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Feo!

Autoría e dirección: Laura Sarasola e Juan Rodríguez
Elenco: Juan Rodríguez e Suso Jalda

Caramuxo teatro presenta Feo! un espectáculo de pequeno formato inspirado no Parrulo Feo de Hans Christian Andersen. 

Sinopse: A pequena fábrica de parrulos de goma produce todos os días centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, pero un día sae un parrulo diferente..
Feo! é un canto á diversidade e á esencia dun mesmo, unha comedia para toda a familia.

Premio María Casares 2016 ao mellor espectáculo infantil

Galego

Amadú

Esta historia relata a vida dun neno chamado Amadú, que vive nunha aldea de África, moi similar ás aldeas galegas ou doutras aldeas do mundo.

Amadú é un neno que fala no ventre da súa nai. A nai cóntalle que hai unha bruxa que enfeitiza e ten poderes máxicos e que devora a todos os homes que loitan contra ela.

Entón o pequeño Amadú emprende unha viaxe chea de perigos e aventuras que remata coa chegada á Montaña máxica, onde un mago lle conta o segredo da bruxa.

Galego

Na procura da canción perdida

Autor, director e actor: Diego Freire

Na procura da Canción Perdida é o primeiro espectáculo infantil de Produccións Dispersas. O protagonista da historia ten un problema moi grave. Perdeu unha das cousas máis importantes para a súa vida: a súa canción de ir durmir. Comeza así unha viaxe tola e surrealista polo mundo enteiro. Coa axuda dunha

chea de aparatos tolos e a inestimable colaboración das nenas e nenos do público que se converterán tamén en actores e actrices do espectáculo,  chegará a bo porto está aventura.

Galego

Titiricircus

Lembranza fantástica e festiva do grande circo de carpa alta e bicolor: a historia de dous vellos traballadores daquel circo que lembran agora con marionetas de fíos as glorias do seu pasado na pista. Nun permanente xogo participativo co público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa desaparecido: o home máis forte da Península Ibérica, o malabarista máis hábil do mundo...

Galego

O bufón do reino

 

 

Nunha mañá  soleada e primaveral, aínda que na tarde chovera un pouco, ao Rei  dun reino   o don da fala e da risa desapareceronlle.

  O Rei  non falaba, o rei non quería falar, tampouco quería rir. Os máis achegados ao rei, os asesores do reino e o pobo en xeral non sabían que facer… e pensaban ,pasaron días, meses e case un ano, cando de súpeto xurdiu da néboa un bufón, ben, unha bufona, ofrecéndose para devolverlle o don da fala  e da risa ao rei a cambio de case nada.

Galego

Catro contos da China

Insólitas aventuras que nos descobren un cómico e divertido mundo, agochado moi preto de nós e cheo de inquedantes  situacións. A natureza, a amizade, os disparates humanos… Aprendizaxes e xogos realizados coa maxia do títere chinés.

Bos amigos
Sinopse: 
O mono e mais o oso quérense divertir e parecen dispostos a facelo converténdose nos malabaristas da selva.

Galego

Merenda de libros

Tres personaxes adultos póñense a merendar textos xogando co mundo da fantasía e através dos conceptos "libros " e "palabra" como base dos distintos xogos nos que o público pasa a ser colaborador.

Hai en todo momento un achegamento entretido e lúdico ao mundo das letras como parte dunha realidade común e cotiá.

Galego

Catro tempos

Poética e divertida viaxe escénica a través das distintas estacións do ano. Este espectáculo pensado para os mais pequenos a través de elementos moi sinxelos para que participen nos grandes cambios e transformacións  que se producen no inverno, outono, primavera e verán.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos da Rede galega de salas onde se representa.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de salas