Rede galega de salas

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

O galo Quirico e os seus amigos

Dirección: Anxo García

Elenco: Anxo García e Anxo Quintá

Xunto con algúns números de marionetas tradicionais no que os espectadores participan cantando e danzando, preséntanse o conto O Galo Quirico  Unha posta en escena con marionetas e teatriño de cartón, formato de espectáculo recuperado pola compañía para esta ocasión e con música en directo, interpretada polo acordeonista Carlos Quintá.

Galego

Desalmad@s

Autora: María Ángeles Iglesias

Dirección: Carlos Neira

Elenco: María Ángeles Iglesias

A procura da alma xemelga pero... Onde atopala? En que sitio se esconde esa outra metade? E se o corpo e a alma se contradín?   

De amor e soidade, de desilusión e de sonos, de tolos e cordos conta Desalmad@s.  

 

Galego

A maleta voadora

Dirección: Raquel Queizás

Elenco: Raquel Queizás

Dende ben pequena escoitaba os contos da avoa, pola mañá, na merenda e sobre todo pola noite. A maleta da avoa está chea de pequenos tesouros, nela vive a memoria entre libros, culeres, chapeus.. A maleta da avoa é un espectáculo de contacontos con obxectos e títeres para nenas e nenos a partir de 3 anos. 

Galego

Pinocho

Autor e director: Jorge Rey

Elenco: Jorge Rey e Carmen Domech

Espectáculo infantil de títeres baseado no conto de Carlo Collodi Le aventure di Pinocchio.

O famoso boneco construído por Geppeto vive as máis incribles aventuras para chegar a ser un neno de verdade, feito e divertido.

Esta programación pode sufrir  modificacións. Confirmar datas e horas  nas propias salas onde se representa: Sala Gurugú

Galego

O turista madrileño

Dirección: Evaristo Calvo

Elenco: Evaristo Calvo

“Yo una vez le pregunté a un gallego si subía o bajaba y me dijo que a mi qué cojones me importaba. Ese no era muy gallego, pa mi que había viajado algo porque si no, no me contesta así. El gallego puro, si le preguntas te responde 'Nu sé' y se encoge de hombros”.

Esta cita só pode vir do Turista madrileño, unha das personaxes televisivas máis necias nunca vistas e maxistralmente interpretada por Evaristo Calvo.

Galego

Pequeños deseos

Autora: Olga Z. Churchich

Dirección: Aleksandar Curcic

Elenco: Olga Churchi

Pequeños deseos é un espectaculo baseado no conto de Andersen A pequena dos mistos

E noitevella a derradeira noite do ano. A xente celébrao ca esperanza de que o que vén será mellor. A neve suave e brilante, fai que todo pareza limpo e perfecto.

Galego

Na procura da canción perdida

Dirección: Diego Freire

Elenco: Diego Freire

O protagonista da historia ten un problema moi grave. Perdeu unha das cousas máis importantes para a súa vida: a súa canción de ir durmir.

Comeza así unha viaxe tola e surrealista polo mundo enteiro, coa  colaboración dos nenos e nenas que se converterán tamén en actores e actrices do espectáculo. Chegará a bo porto está aventura?

 

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa: Arteria Noreeste-Teatro Escena

Galego

El caballero sin caballo

Autor: Gerando Óscar Capobianco

Dirección: Rosana Beldarraín

Elenco: Gerardo Óscar Capobianco

Sinopse: Moitos anos atrás, unha época máxica chea de misteriosos seres e castelos encantados, un xoglar cantou esta historia. 

El Caballero sin Caballo é unha historia de acción en tempos medievais.

Galego

Cigani & Cía

Dirección: Antón Coucheiro

Elenco: Antón Coucheiro, Manuel Payno e Martiño Mato

Os xitanos balcánicos chegan á cidade. Chegan sen papeis, infrinxindo as leis, alterando a orde pública, transgredindo tódalas normas. Non saben comportarse, son un auténtico furacán na rúa. A xente ri e chora con eles, porque todos levamos a un neno dentro con ganas de xogar.

Tocan, bailan, cantan, farán malabares con ladrillos, boxean cos seus fillos, casan coa súa muller,,, fan  de todo por arrincarlle ao público un sorriso.

Galego

Peza 7

Dirección: Ruth Balbís

Elenco: Ruth Balbís

Quedara algo pendente... Solo de danza creado para o festival Seis Cordas 2014.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar data e hora nas mesmas salas: Teatro Ensalle

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de salas