Grupo Maneiro: Acaricia mis arrugas
Javi Maneiro leva máis de 25 anos na música, primeiro con Heredeiros da Crus, co que sigue activo, e posteriormente con Jabón Blue, grupo co que acadou gran éxito ata a súa disolución fai 5 anos.
Agora chega co seu segundo disco en solitario Hombre Árbol despois de presentar un exitoso Furtivos que lle valeu o recoñecemento de público e crítica.
A súa proposta de rock elévao á órbita dos grandes do panorama nacional.

