Som do Galpom
O realmente importante do proxecto é a ilusión ca que traballamos dende o comezo; todo ese esforzo estivo encamiñado a crear un son própio de horizontes descoñecidos para nós. A idea inicial era a de fusionar diferentes estilos musicais dándolle moita importancia á mensaxe que queríamos transmitir. Queríamos facer unha música orgánica tocada por nós fuxindo de arranxos electrónicos. Os nosos temas teñen un pouco de funk, un pouco de reggae e un pouco de rap, polo tanto lle chamamos funki-reggae-rap.

