Rede galega de música ao vivo

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Brinkadelia Troupe en concerto

Dende terras galegas e para toda a galaxia unha nova explosión de son e enerxía positiva, unha reacción en cadea que ameaza con sacudir a mecánica dos vosos corpos cun forte boom! de ritmo triturador e boas vibracións..ska,reggae,funk,rock,balkan,rap...música para que o público non pare de brincar..festa asegurada..somos pensadores consagrados, a nosa filosofía é universal "love to eveyone" amor para todos.

Brinkadelia Troupe ritmo triturador

 

 

Galego

Pepe Vaamonde Trío

Presentamos un proxecto conxunto que une Ás Cantigas de Elena, a Pepe Vaamonde Trío e á marabillosa voz de Xisco Feijoó. Con el, compartimos e queremos compartir co público o gusto e o respecto pola música tradicional. Así é que, este espectáculo vai dirixido a todos e todas aquelas que disfruten bailando ou escoitando, tanto a música tradicional como as composicións baseadas nesta.

Galego

Desconhecido

Neste espectáculo podes desfrutar da música de Berlai, e da narrativa ilustrada en directo. Unha travesía por unha historia emotiva e real: A historia dun home descoñecido, dun home solitario, que prefireu vivir a súa vida como se fose un soño. Unha historia que mestura de maneira explosiva realismo sucio, cru e obsceno co lirismo máis refinado. O romantismo e a historia de amor non conseguen escapar do sexo, da loucura e do desespero. E  onde se transforman, no plano musical, en pop-rock con pingas de trad ou mesmo de ska, que nos traen mensaxes intimistas e tamén comprometidas.

Galego

Lola

Banda composta no 2018. Aínda que de pouco percorrido como formación, os seus compoñentes veñen de grupos con extensas carreiras, como Heredeiros da Crus, Banda Crebinsky o Mojo Experience.

A súa proposta musical está baseada nun rock enerxético, cun repertorio composto de temas propios mesturados con covers dos clásicos do rock

Os compoñentes son:

Enrique Otero, Diego Salgado, Manu Rey e Yolanda Martínez

Galego

Áureas

En Voga é o concerto espectáculo co que o conxunto internacional Áureas se presenta. En escena veremos unha charanga dos anos '20 formada por cinco mulleres de catro nacionalidades diferentes.

Na ficción, un grupo de mulleres emigrantes e libres coñécense nun trasatlántico e deciden formar un grupo musical.

En Voga é un espectáculo que arrecende a mar e abanea co vaivén dunha onda para traernos historias gardades en nostálxicos sobres de correspondencia. Unha coidada selección de pezas dos anos '20 que inclúen ritmos brasileiros, polacos, arxentinos e galegos.

Galego

Bakin Blues Band

A Bakin Blues Band está formada por Javier Turnes, voz e guitarra, David “Tato” Vázquez, guitarra solista, David “Bibi” Prieto, baixo, Alejandro Casquero, teclado, e David Failde, batería.

Este proxecto percorre a historia más clásica do blues, desde I can’t be satisfied de Muddy Waters, pasando por Evil de Howlin’ Wolf, Don’t start me talkin' de Sonny Boy Williamson ou o Oh Red de Rufus Perryman.

Galego

A Malfalada

A Malfalada basease en temas do novo traballo de Pauliña que se presenta neste 2020 xunto ca xira por toda Galiza e España

Consta de temas country mesturados con rock, soul e blues, unha proposta innovadora, totalmente en galego, e que ven a encher o espazo que faltaba na Galiza.

Enrriba das táboas, acompañando a Pauliña, catro músicos con unha longa traxectoria e moitos kilometros percorridos a o longo de máis de 20 anos de  tocar por todo o mundo.

Galego

Reflexións

Presentación do primeiro disco do dAtrío de Narci Rodríguez.  Neo soul sen concesións, música autoral nun esquema de trío con batería, teclados, guitarra barítono, voces e moita electrónica.

Atmósferas, ambientes musicais e moito ritmo no directo do dA Trío!

 

Galego

Cherry Sweet

Voltan os anos 50 con Cherry Sweet!!

As harmonías vocais destas tres grandes cantantes fannos viaxar  a outro tempo cheo de glamour e swing.

As tres voces galegas acompañadas do trío instrumental formado por contrabaixo, guitarra e batería repasan grandes cancións de todos os tempos impregnándolles o seu característico son e elegancia. 

Galego

En Voga

En Voga é o concerto espectáculo co que se presenta o conxunto internacional Áureas. En escena veremos unha charanga dos anos 20 formada por cinco mulleres de catro nacionalidades diferentes. Na ficción, un grupo de mulleres emigrantes e libres coñécense nun trasatlántico e deciden formar un grupo musical.
En Voga é un espectáculo que arrecende a mar e abanea co vaivén dunha onda para traernos historias gardades en nostálxicos sobres de correspondencia.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de música ao vivo