Rede galega de música ao vivo

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Pablo Sanmamed Trío

Comenza a funcionar no 2015, presenta un repertorio integrado por composicións propias.

Na súa idea estética prevalecen os compases irregulares sobre temas de composición ou versións , buscando distintos puntos de vista dentro da sonoridad do trio standar ( piano, contrabaixo e batería ), observando músicas e referentes tanto dentro do jazz coma de world music.

Formación:

Yago Mouriño: piano

Pablo Sanmamed: contrabaixo 

Bruno Couceiro: batería

Galego

Oh! Ayatollah en concerto

Fuxindo de clasificacións parcelarias, Oh! Ayatollah reclaman a ampla etiqueta “pop” como propia, intentando con isto apelar á sinxeleza, así como afastarse dunha diferenciación demasiado específica que consiga desvirtuar a súa mensaxe e a súa música.

O “pop” entendido deste xeito, vólvese unha forma de facer e de vivir a música, que pon en primeiro lugar as cancións e as emocións que transmiten.

Galego

O Cadelo Lunático en concerto

A banda está xirando con nova formación presentando algúns temas do primeiro disco, Malos Tempos (Inquedanzas Sonoras, 2015) e novas composicións entre as que destacan poemas de Celso Emilio Ferreiro ou de poetas actuais como Cristina Corral Soilán.

Blues e soul de corte clásico con ritmo e divertido para todos os públicos.

Galego

N.E.O

Desde Galicia prodúcese un dos regresos máis esperados dos últimos anos: O mestre da guitarra Alberto Cereijo e o seu compañeiro nos Suaves, o batería Tino Mouteira, volven contar co baixista Diego P. Castro, incorporando como novidade ao cantante galego Pedro Regueira.

Este novo proxecto levará por nome N.E.O e o seu primeiro traballo discográfico será editado en xaneiro de 2019, baixo o título “ N.E.O - Obxecto próximo á Terra".

Galego

Moon Cresta en concerto

MOON CRESTA, tras 20 anos de actividade presenta a súa 4ª entrega discográfica Civil Fuzz Brigade, un disco rotundo listo para presentar ao vivo nas salas de Galicia.

Hora e media de Power & Funk. Hora e media de baile, suor e xúbilo. Únete á brigada civil do fuzz.

Galego

Maneiro en concerto

Con Acaricia mis arrugas o seu segundo álbum discográfico, Maneiro da un paso ao frente na súa consolidacion como solista, perfilando a sua traxectoria como letrista e compositor e ofrecendo un traballo máis maduro e fiel as súas orixes.

Galego

Concerto de Los Mecánicos

Fernando Esclusa (ex Guru Deva), Fran Castro (ex Strauss) e José M. Martínez "Bonham" (ex Deluxe, Miguel Costas) proxectaron todas as súas obsesións musicais cara a década dos sesenta.

Estes xóvenes e veteranos músicos xúntanse co obxectivo de reverenciar tan inmenso legado do pop-rock anglosaxón de formacións tan extraordinarias como The Beatles, The Kinks o Small Faces que se misturan de maneira explosiva co variado cocktail de artistas tan añorados do rock hispano como Bruno Lomas, Los Salvajes, Los Bravos, Fórmula V ou Los Brincos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de música ao vivo