Rede galega de música ao vivo

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Tor+Ángel Ruíz, Pancho Álvarez. Xira presentación

O repertorio do grupo componse de popurrís ou sets de temas instrumentais orixinais tomados da tradición galega.

A principal fonte é o traballo de campo do Arquivo Castro Vicente (Cástor e Félix Castro), e os seus fondos documentais e sonoros, centrados sobre todo na frauta de madeira e acordeón diatónico, así como en estilos de toque de gaita de comarcas pouco coñecidas como A Limia, Frieiras, e Navia entre outras.

Galego

Mad Martin Trío

 Sabela King (Sabela King & The Heartbreakers, The Lákazans) & Mad Martin (Mad Martin trio) xúntanse para facerlle unha homenaxe a Johnny Cash & June Carter e repasar temas dos seus repertorios propios.

A banda formouse no Nadal do ano 2017, ademáis de Sabela e Martin, a formación está composta por outros tres músicos, na batería Fran Trilli (The Lakazans, Cachas & Cousins, Mad Martin trío), no contrabaixo Borja García (Raiba, The Midnight Boozers) e Ramón Figueira “ Figui “ (The Lakazans, The Fabulous Resaca Brothers) na armónica.

Galego

The Midnight Boozers en concerto

The Midnight Boozers é nova banda  formada no 2019 por encargo, é a banda residente no Riquela Club de Compostela.

Formada por Martín Esturao na guitarra e voces, Lolo Somoza na batería e coros e Borja García no contrabaixo e coros.

O repertorio e un tanto ecléptico, dende as baladas Country, pasando por psychobilly, o swing ou o rock &roll máis tradicional.

A acollida da banda está sendo moi positiva e pronto terá un rexistro sonoro, en breve pasaremos polo estudio para grabar o que será o noso 1º traballo como The Midnaight Boozers.

Galego

Martins Aneiros Band

 Martins Aneiros Band xorde da unión da cantante Paula Martins, quen fose voz da Big Botton Band, e de Víctor Aneiros, guitarrista galego que suma xa oito discos ás súas costas.

O pasado verán a cantante apareceu como convidada do grupo do ferrolán nas súas actuacións no Fisterra Blues Experience e o Discalzos polo Festival, aínda que o inicio desta alianza musical remóntase a fai máis dunha década.

Galego

Benvidas ó futuro

ZËNZAR é o grupo decano do rock en galego con máis de 30 anos de actividade ininterrumpida!

Os de Cerceda comezan o 2020 cun novo traballo discográfico, BENVIDAS Ó FUTURO, o décimo da súa historia. Este novo disco ten novidades que o diferencian dos anteriores. Con Roi Gil, técnico de directo e o sexto zënzar, ós mandos técnicos da gravación por primeira vez, conseguen unha potencia similar á dos directos. Ademais, todo o proceso de gravación e creación tivo lugar no local de ensaio, recentemente mellorado e equipado. Tamén se trata do primeiro con Laura ó baixo.

Galego

Xan Campos Trío

Xan Campos Trio é enerxía e jazz. Despois de case 15 anos xuntos sobre os palcos, e tamén fóra deles, a banda non se etiqueta nin lles preocupa que corrente jazzística é a súa. Para a revista estadounidense All About Jazz son “como a sacudida do primeiro café da mañá”, eles simplemente pensan en experimentar e gozar da música xunto co seu público, sen medo a saírse da norma, nin rachar cos prexuízos.

Galego

Stormy Trucks

Stormy Trucks nace en outubro de 2018 e, na súa relativamente curta traxectoria, xa tocaron intensamente por gran parte da xeografía galega, participando na edición 2019 da Rede Galega de Música ao Vivo da AGADIC, con concertos en salas como A Ventana, Sala Son, La Pecera ou Moon Music Club ou en festivais como o Feito a Man.

Os Stormy tocan rock’n’roll sen concesións, puro son e diversión. Sen trampa nin cartón, á vella usanza dos tríos clásicos deste estilo, combinando temas propios con revisións de clásicos.

Galego

Udra en concerto

UDRA xurde cando Álvaro Trillo (batería), Maritxinha (baixo) e Diego Negro (guitarra e voz), xuntan as súas forzas para facer tremer a terra co seu groove que bebe do neosoul e das músicas progresivas con grandes influencias do funk, o jazz e as propostas urbanas. UDRA é un grupo que se asenta na onda da vangarda global máis micorrícica, bebendo de tradicións de todo o mundo para crear un concepto globalizado no mellor sentido da palabra sen cultivar propiamente a estrañamente denominada world music, senón desenvolvendo un estilo propio que debuxa un amplo e colorido mapa de sonoridades e i

Galego

Tor en concerto

O repertorio do grupo componse de popurrís ou sets de temas instrumentais orixinais tomados da tradición galega, con especial atención aos gaiteiros e músicos do interior. A principal fonte é o traballo de campo do Arquivo Castro Vicente (Cástor e Félix Castro), e os seus fondos documentais e sonoros, centrados sobre todo na frauta de madeira e acordeón diatónico, así como en estilos de toque de gaita de comarcas pouco coñecidas como A Limia, Frieiras, e Navia entre outras.

Galego

The Narts en concerto

The Narts xurde no seno dunha escola de Musica, na que xúntase as inquedanzas destes catro músicos.

Co fin de facer unha música composta polo blues, rock, funk e soul, comezan a preparar un repertorio cheo de grandes clásicos da música, aínda que máis descoñecidos polo público, aportando uha visión diferente no panorama musical galego.

A banda está composta polos seguintes músicos: Plácido Vinseiro (vocalista e guitarrista), Carlos Gil (teclista), Antón Torroncho (baixista) e Aitor García (batería).

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de música ao vivo