Rede galega de música ao vivo

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Pablo Sanmamed Trío

Comenza a funcionar no 2015, presenta un repertorio integrado por composicións propias.

Na súa idea estética prevalecen os compases irregulares sobre temas de composición ou versións , buscando distintos puntos de vista dentro da sonoridad do trio standar ( piano, contrabaixo e batería ), observando músicas e referentes tanto dentro do jazz coma de world music.

Formación:

Yago Mouriño: piano

Pablo Sanmamed: contrabaixo 

Bruno Couceiro: batería

Galego

Tomás Porteiro Trío

Tras anos desenvolvendo a súa faceta como compositor en Sinestesia, Tomás Porteiro decide comezar unha nova andaina en Solitario. Para esta aventura conta coa colaboración estable de José Zás aos ventos. Sen renunciar á inmediatez do pop ou do Rock, este novo proxecto explora sonoridades máis jazzisticas. O folk de raiz americana tamén sirve de base para estas cancións de textos cripticos e intimistas.

Galego

Habelas Hainas en concerto

É no 2010 cando se cruzan os camiños destas catro mulleres de ampla traxectoria no mundo da música tradicional, para crearen o proxecto: Habelas Hainas.
 Coas mesmas inquedanzas musicais e vitais, forman un quebracabezas onde os catro elementos se xuntan e complementan de xeito persoal.
A súa versatilidade vai alén do feito de seren multinstrumentistas, e lévaas a explorar outros eidos artísticos poético-teatrais, facendo de cada espectáculo

Galego

Barbitúricos en concierto

Coñecedores da súa absoluta falta de talento e charme, estes catro chaíñas viron a luz cando decidiron montar unha banda de rock para ver se así chegaba algo de sexo ás súas tristes vidas. Apañando discos dos Suaves, Pixies ou The Clash da colección dos seus irmáns maiores, tentaron a nobre arte do plaxio “creando” as súas propias cancións, inequívocas mostras de morro e torpeza. E coma quen fai un cesto fai cento, estes carallos revirados comezaron a dar concertos sen esquecer que o rock and roll, o de verdade, ten dous grandes segredos:

a) Pasar POUCO polo local de ensaio

Galego

The Rapants en concerto

The Rapants é unha banda de surf garaxeiro, nada o pasado ano, e que xa sae de xira. Veñen de dar dous concertazos en Muros e Louro, e quedan con máis gañas de presentar o seu primeiro traballo, gravado da man de Teen Records. Por iso xa teñen armada unha xira polas capitais: o 31 de xaneiro na Sala Sonar en Santiago de Compostela e o 8 de febreiro en Madrid na Sala Republik, da mesma Gran Vía.

Galego

Adrián Costa Blues Band

Cantante e guitarrista.

Despois dunha larga estadía en Berlín, Adrián decide trasladarse á bahía de San Francisco onde comeza a traballar coa súa banda Adrián Costa Blues Persuasion e colaborar con artistas como Billy Boy Arnold, Jackie Payne, Kenny "Blues Boss" Wayne, Mark Hummel, Chris Burns ou Earl Thomas.

Funk e soul son uns dos rasgos máis característicos deste músico compostelano aínda que non renega de mezclalos coas súas raigames latinas. Un guitarrista cunha voz poderosa que non concibe a música sen o baile

Galego

Ailá en concerto

Co tradi por bandeira e como maneira de vida, e cun repertorio que aposta pola hibridación das músicas populares con sonoridades actuais,  Ailá quere abrir novas sendas para extender o amor polo baile e la música tradicional. Os sueltos, os agarrados. As xotas, os valses. Dende as agrupacións folclóricas ata as charangas que conforman a identidade colectiva. A chave da súa fórmula é tan precisa como a obviedade da que parte a súa premisa: o baile é inseparable da música festiva.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de música ao vivo