French Riviera en concerto
Un espectáculo individual de música electrónica e post disco retro coas influencias da música moderna interpretado con sintetizadores, caixas de ritmo, voz e keytar de cancións orixinais.

Un espectáculo individual de música electrónica e post disco retro coas influencias da música moderna interpretado con sintetizadores, caixas de ritmo, voz e keytar de cancións orixinais.
Os catro anos de idade o pontevedrés Gabriel Peso subíase ao Teatro Principal de Pontevedra xa en calidade de pianista. O seu sino estaba marcado. Posteriormente cursaría os estudios de Piano Clásico.
En 2011 licenciase na especialidade de Jazz no Conservatorio Superior de Música de A Coruña con matrícula de honor.
Dende entón demostrou non so ser un excelente pianista de Jazz, senon tamén un codiciado músico todoterreno: televisión, teatro, rock, pop...
Udra é un triángulo formado por Álvaro Trillo, Maritxinha e Diego Salgado, un trío que condensa o coidado da razón, a honestidade do corazón e a enerxía da víscera.
Udra é a terra mollada, a busca do orgánico, da orixe oculta baixo a lama.
A exploración do sintético e da herdanza estática, é a precisión mecánica, o tropezo accidental coas ideas que viven e vivirán.
É sensibilidade e forza, a brutal honestidade e a empatía permeable, a perfección asimétrica, a pureza dun gólem de emocións.
Suelen Estar & the Soul Machín lanzan sobre as cordas músicas que non adoitan estar alí. Nesta extrañeza dan nova vida a cancións de diversas procedencias e estilos que todas coñecemos pero non deste xeito.
Noar é o novo proxecto musical de Iago Marta (guitarra eléctrica) e Rubén Fernández (voz/electrónica), músicos galegos de considerable traxectoria e intereses eclécticos, formados na vangarda musical catalana. Un proxecto que ofrece un universo sonoro tecido dende diferentes galaxias estilísticas que permite recorrer roteiros que conducen a composicións expansivas donde a dirección do discurso musical toma camiños inesperados.
Nesta xira faranos viaxar unha vez máis polas versions dos mellores temas do Pop Rock español, dende os 80 ata a actualidade (Seguridad Social, Rebeldes, Revólver, El Último de la Fila, Fito y Fitipaldis, Radio Futura, Loquillo, Los Rodríguez, Barricada, M-Clan, Los Refrescos, Los Secretos, La Unión, Joaquín Sabina, Siniestro Total...)
Fransy González (percusión e voz), Davide Salvado (percusión e voz) e Cibrán Seixo (violín e mug) son tres coñecidos músicos de ampla traxectoria no panorama musical galego e internacional.
Da unión destas tres carreiras artísticas individuais xorde esta nova proposta musical e escénica, partindo dun repertorio de música tradicional pura como os intérpretes aprendenderon nas aldeas.
Catuxa Salom é unha artista galega de raíces arxentinas e unha das voces máis destacadas do movemento folk-electrónico do momento. En 2022 publica o seu disco revelación Nunha aldea, un EP de debut producido por Marcos Bayón en Prasat Bayon Studio, que reflicte en cada canción un universo sonoro que vai da música tradicional galega aos ritmos latinos. Un disco envolto por unha atmosfera tribal que convida ao baile e nos conecta co noso lado máis puro e salvaxe. De Aimogasta ás montañas de Lugo, Catuxa Salom crea un lugar onde o fogar e o amor pola natureza están moi presentes.
Un crossover entre versos medievais recitados sobre bases de hip hop, moito flow e tintes de contracultura
Alí onde se fusionen a vangarda e a tradición atlántica estará sempre o punto de encontro de Laura LaMontagne & PicoAmperio, capaces de establecer pontes coas músicas e literaturas de antano traéndoas de volta ao presente a través de sons futuristas e tecnolóxicos.
Cró! acaba de editar a través de Spinda Records e en colaboración coa Metamovida o seu quinto disco "Buah".
O disco está a ser bendecido tanto por crítica coma pública que ven neste último traballo unha continuación na exploración das posibilidades da canción entroncando coa cultura de raíz así como a música clásica e a electrónica. Cró! sempre deslumbran mais con este disco están a conseguir facer bailar as pernas e cerebros de toda a xente, risa e baile para o ben común, un espectáculo para non perder.