O Cadelo Lunático en directo
Concerto de blues e soul en galego con temas propios.
A banda está xirando con nova formación presentando o seu novo disco Pantasmas das rúas (Guitar Town, 2021), e novas composicións entre as que destacan poemas de Celso Emilio Ferreiro ou de poetas actuais como Cristina Corral Soilán.
Blues e soul de corte clásico con ritmo e divertido para todos os públicos.

