Rede galega de música ao vivo

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Habitación Vudú

Habitación Vudú é unha banda de rock-indie da Limia (Ourense) na que atopamos a José Freiría (guitarra e voz), Xusto Freiría (batería), Rubén Seoane (baixo) e Isidro Vidal (guitarras). O proxecto nace sobre 2011 despois de que os irmáns Xusto e ,José Freiría, ligados á música dende sempre, decidisen dar orde a unha serie de ideas que tiñan compostas. Coa incorporación de Rubén Seoane no baixo, establécese a base de Habitación Vudú que foi tomando forma con diferentes incorporacións ao longo dos anos.

Galego

Uxía

Imaxinade as noites de vixilia e de foliada na catedral de Santiago de Compostela, cando despois dos cantos litúrxicos caía a noite e os peregrinos entoaban cantos aprendidos durante o Camiño. Cada grupo na súa propia propia lingua, acompañados por liras, cítaras, arpas, violíns, tímpanos, gaitas ou zanfonas nun ton festivo e con pasos de danza, entre loa e loa.

Galego

Maricarme

Maricarme é o resultado de xuntar tres recoñecidas caras do panorama musical galego: Antía Ameixeiras (Caamaño&Ameixeiras), Cibrán Seixo (Davide Salvado, Budiño) e Migui Carballido (Zeltia Irevire). Os instrumentos acústicos (violíns, pandeiros, bouzouki...) únense a sonoridades máis electrónicas (sintetizador de baixo, pads, pedais...) creando un folk orixinal e poderoso. Maricarme viaxa dende a tradición oral ás composicións propias e presenta un concerto dinámico no que prometen facervos bailar.

Galego

Anxo Araújo

Aprender a bailar é en palabras do xornalista musical Carlos Crespo (Fugas) un dos mellores discos producidos en Galicia nos últimos tempos. Anxo Araújo presenta nos escenarios o seu segundo álbum, orixinal e entregado ao pop máis saboroso que pon ao descuberto o lado máis luminoso do artista. O artista emerxe cun disco de sublime pop emparentándose, segundo o crítico Noel Feáns (a Regueifa 2.0), con propostas do indie internacional como os primeiros Vampire Weekend ou os Crystal Fighters.

Galego

French Riviera

French Riveira é sinónimo dos 80, do retro, da época dourada das películas de acción, as luces de neón e as pistas de baile. Cos seus sintetizadores, saxo, talkbox, voces en galego e castelán, guitarras funk e baterías disco, evocarache ao frescor do pasado, pero co aroma da actualidade. 

Galego

Alana

Antía Vázquez (voz e pandeireta), Eloy Vidal (teclado, guitarra e voz) e Pablo Castro (percusións e gaita) forman Alana. Un proxecto musical que mestura a música tradicional con ritmos de base electrónica e pop. A proposta da banda parte das recollidas, un traballo feito coa colaboración de moitas mulleres e homes que desinteresadamente contribúen a preservar a riqueza da música e da tradición.

Galego

PAVA

PAVA é a proposta musical da poeta e compositora coruñesa Lucía Aldao. Un directo eléctrico e pegadizo que vai da psicodelia ao pop rock máis alternativo con tintes de crúas guitarras velvetianas. Nos traballos discográficos de Aldao sobrevoan as sombras de xigantas como PJ Harvey, a personalidade da súa voz e a forza das súas letras orbitan na elipse das novas voces femininas xurdidas nos últimos anos ao outro lado do Atlántico. Analís Guillín (batería), Pablo Silva (guitarra) e David Santos (baixo) acompañan a Aldao neste proxecto musical expansivo.

Galego

Martin Human

Martin Human bebe da música dos 90 e os 2000, e o seu estilo está influenciado polo rock americano, o grunge e o country. Á banda formada polo cantante Martín, o baixo Richi e o baterista Marcos, úneselles agora Juancho como guitarra solista, con máis rock and roll e novos temas para este 2025 que prometen ser máis acedos.

 

A formación deuse a coñecer a finais do ano 2022 co EP Anomaly, un traballo totalmente autoproducido no que se dedicaron a investigar ata conseguir un son crú para o que contan só cos elementos que utilizan nos directos.

 

Galego

The Lákazans

The Lákazans presentan en directo o seu novo traballo discográfico, Sandwina, inspirado na muller mais forte do mundo. Nesta nova aventura musical amplían o seu rexistro a novos xéneros da música norteamericana, mais aló do seu blues característico, con referencias que van desde o country ata o mais sentimental rockabillly.

Galego

Sabela King & The Heartbreakers (trío)

Sabela King & The Heartbreakers trío é unha formación dá que fan parte tres integrantes de The Lákazans: Sabela King (voz e ukelele), Ramón Figueira (harmónicas) e Benjamín Vázquez (guitarras) Nesta aventura paralela a banda presenta un concerto íntimo e intenso non que repasan os temas máis emblemáticos do blues, ou country e ou soul ata chegar á actualidade, adaptando versións dos clásicos destes xéneros a un formato reducido. Non repertorio inclúen tamén algúns temas propios do seu primeiro traballo homónimo, Sabela King & The Heartbreakers.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de música ao vivo