Rede galega de música ao vivo

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Rockers go to Hell

En 1998 Alvaro e Kiko, nese momento cantante e guitarrista de Las Mandrágoras, deciden montar un repertorio de cancións dos seus ídolos dos anos 50: Elvis, Gene Vincent, Johnny Burnette, Eddie Cochran, Warren Smith, Link Wray, Jerry Lee Lewis, Conway Twitty e todas as estrelas do ceo Rock'n'Roll e Rockabilly. Acompañado por Andy (Big Bottom Band) ao contrabaixo e Saleta (Elephant Band, Meu) á batería estréanse ese verán. O éxito é rotundo: o maior repertorio da historia da música moderna e un repaso a ela influído polo punk de Robert Gordon ou os Stray Cats son ingredientes infalibles.

Galego

Moon Cresta

Tras máis de 20 anos de actividade Moon Cresta presenta a súa quinta entrega discográfica: un disco diferente cun concepto literario, visual e musical innovador listo para presentar ao vivo nas salas de Galicia. Hora e media de Power & Funk. Hora e media de baile, suor e xúbilo.

Galego

Ataque Escampe

Ver a Ataque Escampe en directo é unha experiencia difícil de esquecer. O seu espectáculo é a restra de emocións —da sensualidade á euforia, da melancolía ao furor— que cabe esperar do grupo que leva desde 2008 escribindo a banda sonora do noso espazo tempo en máis de 120 cancións: desde alfaias ocultas até auténticos himnos underground, como Segunda división, A vitoria, Noites de agosto ou Lamborghini, entre moitos outros. Non hai dous concertos de Ataque Escampe idénticos porque todos os sitios son especiais e todos os días memorables.

Galego

Leria

Leria é un proxecto coruñés que xorde no 2021 nas rúas da Coruña, pasando por diversas salas e bares da comarca. Unha aposta pola música indie na nosa lingua que ten, entre outros referentes, a bandas como Love of lesbian, Ginebras, Vetusta Morla ou Miss Cafeína. Gañadoras do concurso “Novos Valores”, abriron as festas do Apóstolo (Santiago de Compostela) no Festigal, compartindo escenario con artistas referentes en Galicia como Fillas de Cassandra, Grande Amore ou Dios Ke Te Crew.

Galego

Musculo!

Músculo! nace no ano 2012 coa intención de mesturar instrumentos analóxicos con elementos electrónicos buscando novas texturas e estilos. A banda está formada por Álvaro Blanco, Raúl Santiago e Manuel Rodríguez. A súa evolución musical foi escorándose cara a electrónica sen deixar de lado a experimentación, adaptándose ás máis novas tendencias sen complexos e sen medo a explorar novos sons.

Galego

Carabela

Carabela é unha das grandes promesas da nova escena galega. O enfoque musical da banda, formada por Ana Moas na voz, Pablo Agra na guitarra e programacións, Alba V. Burke nos sintetizadores e Pablo Pazos no baixo, está enraizado no pop, na electrónica e a música tradicional, compartindo senda con grupos como Fillas de Cassandra ou Mondra, ao tempo que se orienta cara innovacións vangardistas, reflectindo unha visión contemporánea da nosa música que resoa con artistas galegas como Mercedes Peón ou Baiuca. 

Galego

Blues do País

Bieitta James e Pepe King ofrecen 75 minutos de blues, risas, bailes e moita retranca. A nosa diva rural e o blusmanciño enriba das táboas a bater cos zocos.

Blues. Si, señora, blues de toda a vida. Blues do bo. Blues do país. Do País. Do noso. Do que empeza nos Ancares e chega ata Missouri.

Blues da rotonda e blues on the road. A Route 66 montados nun chimpín con Janis Joplin e Rosalía. Por que non? 

Galego

Blues do País

Bieitta James e Pepe King ofrecen 75 minutos de blues, risas, bailes e moita retranca. A nosa diva rural e o blusmanciño enriba das táboas a bater cos zocos.

Blues. Si, señora, blues de toda a vida. Blues do bo. Blues do país. Do País. Do noso. Do que empeza nos Ancares e chega ata Missouri.

Blues da rotonda e blues on the road. A Route 66 montados nun chimpín con Janis Joplin e Rosalía. Por que non? 

Galego

The Lákazans

The Lákazans presentan en directo o seu novo traballo discográfico, Sandwina, inspirado na muller mais forte do mundo. Nesta nova aventura musical amplían o seu rexistro a novos xéneros da música norteamericana, mais aló do seu blues característico, con referencias que van desde o country ata o mais sentimental rockabillly.

Galego

Espiño

A perseverancia e a experiencia avalan ao creador de cancións compostelán, Alfonso Espiño, quen leva máis de media vida facturando música pop en combos xa de culto coma Contrastes, Mega Purple Sex Toy Kit ou Los Chavales. En solitario como Espiño dende 2016, sigue explorando xunto co seu grupo as posibilidades do pop lisérxico, erixíndose en estandarte da neopsicodelia en Galicia e en galego, acuñando o termo galedelia.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de música ao vivo