Drumless Trio
A nova formación do guitarrista e compositor Marcos Pin experimenta novas formas de expresión musical sen batería. Inspirado en anellos e fantásticos tríos jazzísticos como o foron —en calquera das súas versións— o histórico ensemble de Jimmy Giuffre, por poñer un exemplo, a formación de Pin aposta por profundar neste tan interesante terreo musical de carácter, se se me permiten os adxectivos (en certo xeito), máis acústico e orgánico.

