Rede galega de música ao vivo

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Elephants Yard en concerto

Elephants Yard tamén ofrece un traballo de base, levando a música Reggae ás pequenas salas e escenarios ofertando un show de versións clásicas do Reggae. A amplitude do repertorio permite ofrecer unha sesión de covers de calquera estilo jamaicano, desde ritmos mais oldies (Ska, Rockstrady, Calypso), clásicos do Reggae 70´s ou un show mais moderno centrado no Rub-A-Dub (Rap Xamaicano), Early Dancehall e RaggaeMuffin.

Galego

Diego Alonso 5tet en concerto

As composicións deste quinteto nacen da necesidade de expresión a través da música propia do líder da formación, Diego Alonso, habitual das escenas galegas e portuguesas. A meirande parte das obras son de creación xenuína do músico, alén de composicións doutros membros da banda. Partindo de diversas abordaxes rítmicas, tímbricas, texturais e estilísticas, foméntase a voz individual de cada un dos membros, situando así á banda no eido do jazz contemporáneo. 

Galego

Rheia Gorecki

En 2021 publicaron o seu primeiro traballo, "VVV", dispoñible en todas as plataformas dixitais e en formato vinilo grazas á colaboración de catro selos independentes (The Braves Records, La Rubia Producciones, Quebranta Records e Nooirax Producciones).

Paula Rego (Agoraphobia), Héctor Ojea (Battosai) e Gustavo Rey (Mascada) completan a banda de directo acompañando a Catu e Adrián.

Galego

Trilitrate Concerto a trío

Trilitrate é un proxecto que crea sons descoñecidos que desafían calquera categoría e abren novos sendeiros na música acústica. Esvaecen as liñas existentes entre a composición e a improvisación, revelando influencias de estilos tan afastados entre si como poden ser a música clásica, a improvisación libre, o hardcore, o post-rock ou o noise. Interpretan ademais música étnica orixinal dentro dun universo propio. 

Galego

Sanny en concerto

Sanny é o proxecto de Sandra Gómez, cantautora viguesa que acompañada pola súa guitarra e harmónica, percorreu xa escenarios de distintos puntos da xeografía galega e incluso da inglesa.

Nesta ocasión, acompáñase de Anxo Paz á percusión (quen xa participou activamente no proxecto dende a publicación do EP) e Denis Carballás á guitarra. Esta proposta dota ás composicións principalmente acústicas do repertorio de Sanny dunha maior sonoridade. Xuntos adaptan temas do EP a este novo formato e adiantan tamén algúns temas do que será o próximo traballo da formación.

Galego

Sanny en concerto

Sanny é o proxecto de Sandra Gómez, cantautora viguesa que, acompañada pola súa guitarra e harmónica, percorreu xa escenarios de distintos puntos da xeografía galega e mesmo da inglesa. As súas influencias veñen principalmente de artistas de folk e rock norteamericano como Bob Dylan, Joan Báez ou Neil Young entre outros, de quen aprende a importancia e a responsabilidade de utilizar a música como ferramenta social.

Galego

Saíndo do lodo

Unha pandemia mundial e ducias de cancelacións non fixeron máis que alimentar a creatividade e empuxe da Mascada, que levan traballando durante todo este tempo no seu primeiro disco para, dunha vez por todas, botarse á carretera e non parar máis (ata que chegue a apocalipse zombi, canto menos).

Galego

Que te vaya bonito! Chavela a través de las canciones

Imos conversar e sobre todo a cantar a Chavela, para descubrila, e que nos desvele segretos de nós mesmos, a través das cancións, os poemas, as anécdotas, os sons... por algo a chamaban a  Chamana! Recrearemos o espírito dunha cantina, lugares casi sagrados para Chavela e os seus compañeiros e compañeiras de música, nas que tantas cantigas inmortais, comezaron a súa vida; éxitos coma En el último trago, Macorina, La llorona, que te vaya bonito...

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de música ao vivo