Rede galega de música ao vivo

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Meninos do Pandeiro

Xan Pérez e Carlos Quintá unen as súas experiencias nun novo proxecto de música para o baile, a diversión e a festa. Tomando como punto de partida a música popular da tradición oral, elixen espirse, liberándose de sons pregravados e de propostas escénicas pretenciosas, nun exercicio esencialista, no que o acordeón diatónico, a voz e as percusións móstranse preparados para facer do campo da festa un momento de participación para o público.

Galego

Cualquier verdura

Todo está en equilibrio. O Home, ás veces non.

Como Rafael Dante.

O seu desequilibrio aseméllase ao de calquera outro.

Pero o seu equilibrio non.

Dun lado da balanza a técnica, a precisión, a concentración.

Do outro lado o disparate, a gargallada, o imprevisto.

A partes iguais, en equilibrio...

Como o humor co respecto.

Como o artista sobre os seus obxectos.

Como o noso ADN na súa estrutura,

ou como o de calquera verdura...

 

Galego

Cherry Sweet

CHERRY SWEET é unha banda de swing composta por tres vocalistas e tres instrumentistas que repasan sobre o escenario o repertorio clásico do xénero dun xeito divertido e contaxioso.

A formación, que comezou a súa andaina en 2015, é hoxe un referente deste estilo na escena galega, tendo participado en eventos como o Festival de Jazz de Noia, As noites brancas de Vigo, ou o Monforte Fusión.

Un concerto diferente que fai ao publico bailar e gozar desde o primeiro minuto.

Galego

Amalia y el río, historia de una estraperlista

Baseada en feitos reais, esta é a historia de Antonia “A Lirina” veciña de Olivenza. Sucede na fronteira estremeña con Portugal, entre Olivenza e Badaxoz, durante os anos 1942 e 1964. Un retrinco vivo das historias do contrabando en España, protagonizado por unha muller forte, intelixente, socarrona e astuta que pelexou por manter a súa dignidade e o seu dereito de traballo nun mundo profundamente machista.

Galego

Maraya Zydeco

Maraya Zydeco é das poucas bandas europeas que traballan o xénero do Zydeco, Cajun, etc... Segue a provocar gran espectación escoitar un acordeón interpretando esas músicas posto que na escena galega este instrumento está lóxicamente moi vinculado ao tradicional.

Galego

The Spoonfuls

Blues e soul froito da unión de músicos dalgunhas das mellores bandas galegas do xénero: Javi Gradín á guitarra, harmónica e voz, Lucas Ferrández á batería, Fon Botana ao baixo, Álex Salgueiro ao piano hammond e David “Tato” Vázquez á guitarra. Xuntos fan música vibrante e poderosa, nun sabio repaso por grandes temas do blues. 

Galego

The Blues Moonshiners

The Blues Moonshiners é un trio de blues que se xesta en 2018 e no que se mesturan o blues rural, o country-blues e a música folk de raíz afroamericana dos 30, 40 e 50. Proxecto formado polo guitarrista e cantante Jay Doe acompañado do armonicista Ramón Figueira e o percusionista Fran Rilli. A súa música defínese como blues envellecido de destilación ilegal, de aí o seu nome Moonshiners que fai referencia aos destiladores de whisky ilegal na América profunda.

Galego

Sanny

Sanny é unha cantautora viguesa que acompañada pola súa guitarra e harmónica, percorreu xa escenarios de distintos puntos da xeografía nacional, así como Portugal, Inglaterra e Italia. As súas influencias veñen principalmente de artistas de folk e rock norteamericano como Bob Dylan, Joan Báez, ou Neil Young entre outrxs, de quenes aprende a importancia e responsabilidade de empregar a música como ferramenta social. Tamén teñen nela unha gran influencia compositoras indie contemporáneas como Phoebe Bridgers, Sharon van Etten ou Angie McMahon.

 

Galego

Manu Gómez New Orleans Band & Paula Martins

Esta nova banda, formada por voz, guitarra acústica, contrabaixo e batería, revisa co seu estilo persoal os clásicos de swing dos anos 20 a 40. Tres son as claves desta formación: a voz de Paula Martins, no estilo das lendarias cantantes de jazz como Billie Holliday, o estilo New Orleans, que o guitarrista Manu mistura co do seu ídolo, Django Reindhart, e o SWING, que fai que a música de Manu New Orleans Band, ademáis de para escoitar, sexa sobre de todo para bailar.

Galego

A pelo

Con A pelo (banda tributo) mergullámonos no universo de Platero y tú, revivindo a emoción e a enerxía das súas actuacións lendarias. Cada acorde, cada riff e cada letra transpórtanos a través do tempo, lembrándonos por que estas cancións son eternas. Desde os momentos de euforia ata as baladas melancólicas, A pelo captura a esencia mesma do espírito do rock español, celebrando a autenticidade e a paixón que definiron a Platero y tú como unha das bandas máis queridas da súa época.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de música ao vivo