Rede galega de música ao vivo

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

HOMENAXE AO ROCK HISPANO DOS ANOS 80

Fernando Esclusa, á voz e á guitarra, (ex Guru Deva), Francisco Taxes "Pocho" (exRevolujoin), voz e baixo eléctrico, e Alberto Dopico "Delpi"(exBastards on Parade) á batería, proxectaron as súas obsesións musicais cara á década dos sesenta. Con todo, e ante as múltiples peticións doutros repertorios para infinidade de veladas e festas de gardar decidiron sacar este coidado set list, eminentemente rockeiro, para os amantes do legado do rock hispano dos anos 80.

Galego

De não saber o que me espera - Homenaxe a Zeca Afonso

Tres referentes da vangarda musical galega xúntanse neste proxecto para dar voz ao repertorio do Zeca Afonso. A especial mirada artística da cantante Faia Díaz sobre unha selecta escolla de temas do artista portugués cobra una dimensión contemporánea e transgresora xunto a experimentación electrónica e percusiva dos prestixiosos músicos Nacho Muñoz e Lar Legido .

Un diálogo musical transfronteirizo que vai mais alá do espazo-tempo, de grande beleza e sensibilidade e absoluta liberdade creadora.

Faia Díaz Novo, voz

Nacho Múñoz, electrónica e piano

Galego

Lidia India

Lidia India é unha cantora e compositora da comarca de ferrolterra. Tra-la súa estancia en Sudamérica, principalmente no Brasil, a súa música vese influenciada polo ritmos afrobrasileiros misturados coa súa raíz galega. Dende o seu retorno no 2014, colabora en diferentes proxectos da escena musical de Ferrolterra percorrendo Galicia e Portugal e dende o 2017 e cofundadora, cantante, guitarrista e percusionista da banda “Maina Materia” 

Galego

Xira Orixes

Los Jinetes del Trópico, loitamos sen farois! Despois de varios anos de constante evolución os xinetes estabilizanse cunha formación lista para combatir nos mellores escenarios.

Cumbia, ritmos tropicales, reggaeton a galega e moito mais! Todas as cancións reflicten o compromiso, creatividade, amor, festa e soños de estos novos xinetes. Lonxe de acomodarse despois de sacar o disco e varios singles, a máquina non para e os xinetes teñen moitos temas na recamara que irán saíndo mes a mes durante o verán.

Galego

APOLLO III, AD INFINITUM

dA Trío de Narci Rodríguez encaixan o seu son dentro do Groove, do funk, hip hop, soul e música electrónica.

Despois dos anteriores EP´s publicados (REFLEXIÓNS, 2019 e INMERSIÓN NO BALEIRO CUÁNTICO, 2021), rompen o panorama musical con APOLLO III, AD INFINITUM.

Galego

Quitar o aire

Caamaño&Ameixeiras é un dúo ligado á música e ao baile de raíz. Formado por Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz) en 2018, este dúo acumula, na súa curta pero intensa traxectoria, un gran número de concertos, tanto dentro da xeografía galega, o seu lugar de orixe, como fóra dela e no ámbito internacional.

Galego

Ukestra do medio en concerto

A Ukestra do Medio está formada por dúas mulleres e dous homes tocando ukuleles, baixo acústico e cajon e cantando todos como solistas ou coristas. En ocasións utilizan instrumentos adicionais como a mandolina, harmónica, kazoo, shakers,... Os seus concertos son dinámicos e divertidos, alternando músicas própias con versions de diferentes estilos, sempre levándoos ao seu terreo.

Galego

Sumrrá en concerto

Sumrrá son Manuel Gutiérrez ó piano, Xacobe Martínez Antelo ó contrabaixo e LAR Legido á batería. Nos algo máis de 20 anos que levan xuntos, deixan atrás concertos por 5 continentes, posicionándose coma un dos tríos de jazz estatal máis importante.

Galego

Su Garrido Pombo

Su Garrido Pombo é unha cantante, guitarrista e compositora galega. O seu estilo músical abrangue diversos xéneros con matices de bossa, folk, jazz ou latin. A súa música é intimista e nos seus directos acompáñana a súa guitarra e os seus pedais de efectos. Recentemente obtivo o primeiro premio no Concurso Fran Narf (2018) e o Premio Martín Códax na categoría de Música de autora (2019).

Galego

Sr. Salvaje en concerto

Sr. Salvaje é unha banda de Santiago de Compostela formada por Guillermo Vistoso (voz e guitarra), Emilio Iniesta (batería) e Antón Torroncho (baixo). O seu repertorio, totalmente propio, concentra toda a enerxía do Rock and Roll con temas directos e intensos, igual que o seu Show. A banda bebe de grupos como M Clan, Los Zigarros, Revolver, Soda Stéreo (Rock Arxentino) e o Rock Americano dos 70's.

En marzo de 2023 comezarán a xira para presentar o novo LP pasando polas distintas comunidades autónomas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de música ao vivo