Radio Zapa! en concerto
Radio Zapa! é formado orixinalmente por Martín Zapata, Fran Facal e Jacobo García a finais de 2015 na procura de sons densos que vaian desde o rock dos 70 ata o stoner actual.

Radio Zapa! é formado orixinalmente por Martín Zapata, Fran Facal e Jacobo García a finais de 2015 na procura de sons densos que vaian desde o rock dos 70 ata o stoner actual.
The Tetas' Van nace en 2011 coa idea inicial de crear unha banda de mulleres co obxectivo primordial de visibilizar á muller dentro do panoarma musical, pois observaron que non hai moitas referentes dentro deste ámbito. É moi importante visibilizar o papel da muller en todos os contextos, sobre todo para as novas xeracións. É un dos obxectivos deste grupo que dicen textualmente: “Queremos normalizar a figura da muller no escenario”.
Despois de innumerábeis intervencións na comarca da Ulloa, Comando Curuxás sae do seu refuxio e amplía radio de acción a todo o país. Armados con repertorio vocal e instrumental pensado para o baile da Terra, están dispostos a asaltar calquera torreiro e a manter viva a chama da resistencia musical. Iniciaron xa o proceso de recrutamento de forzas aliadas e ameazan con facer correr ríos de muiñeira.
O grupo está composto por: o contrabaixista Óscar Rodríguez, músico de traxectoria internacional e gran coñecedor do mundo do jazz, que aporta unha grande riqueza musical nas bases do grupo e momentos álxidos nos concertos cos seus solos de contrabaixo e harmónica, dirixindo ademais, xunto co guitarrista Antón Casal, as composicións musicais do quinteto; Antón Casal, guitarrista e creador do grupo, que selecciona coidadosamente o repertorio para cada concerto baseándose nunha premisa principal, a ampla tesitura da voz de Bea Míguez, o que lle permite variar entre diferentes rexistros e esti
Son catro vacas. Catro vacas que rin e cantan. Presentan un espectáculo fresco como a auga dos regos. Disfrutan riba do escenario para que vós disfrutedes. Mistura de voces e guitarra, armonías que estimulan os sentidos. Veñen de facer unha xira mundial de máis de 120 concertos. Grandes festivais, sesións vermut ou verbenas. Encheron prazas e teatros. Gañaron premios, fixeron galas, bandas sonoras para programas de radio e televisión e músicas para anuncios publicitarios.
TanDuB é un proxecto que fusiona a música tradicional Gnawa (Norte de Marrocos, Tánxer) con outros xéneros como el reggae, o drum&bass ou a electrónica. Mesturando instrumentos clásicos dunha banda, a electrónica e instrumentos tradicionais marroquinos como o hajhouj ou as carcabas, acadan un son que non deja indiferente a ninguén.
O proxecto musical compleméntase durante os concertos con unha pintura en directo a cargo dun dos cantantes.
Formada en 2018 por Brais Sánchez (guitarra e voz principal) e Beny Mayo (batería). Conta tamén con Daniel 'García' Carba (baixo eléctrico e voz) e André Garabato (Teclados).
Pablo Milanés, un dos principais expoñentes da canción de autor en español seguirá presentando a súa xira Esencia, un proxecto que tivo unha excelente acollida e deulle grandes satisfaccións en escenarios de Europa e América nos últimos dous anos.
Handle with Swing é un trío de swing- jazz feito a man nado no 2018 en Santiago de Compostela.
HWS ofrece degustar musicalmente un menú de moito swing con guarnición crooner, maridado con viños bluseiros e doces de bo rollo. Todo cociñado con músicas a medio tempo e luz a medio gas. Esperamos que goces tanto coa nosa música como o facemos nós sobre o escenario.
HWS somos:
Manuel Gómez........piano
Tomás Porteiro........guitarra
Xabier Mera.............voz
Coa súa facilidade para a melodía, as súas texturas imposibles e o seu espírito agridoce, Ataque Escampe é unha banda con dúas guitarras que non fai rock de guitarras; unha banda con alma electrónica que executa en rigoroso directo todos os seus cacharros; unha banda divertida pero tenra e vulnerable; unha banda, en fin, que ao cantar sobre a súa vida canta sobre todas as vidas: un auténtico ovni no panorama musical galego do século XXI.