Rede galega de música ao vivo

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Concerto de Los Mecánicos

Fernando Esclusa (ex Guru Deva), Fran Castro (ex Strauss) e José M. Martínez "Bonham" (ex Deluxe, Miguel Costas) proxectaron todas as súas obsesións musicais cara a década dos sesenta.

Estes xóvenes e veteranos músicos xúntanse co obxectivo de reverenciar tan inmenso legado do pop-rock anglosaxón de formacións tan extraordinarias como The Beatles, The Kinks o Small Faces que se misturan de maneira explosiva co variado cocktail de artistas tan añorados do rock hispano como Bruno Lomas, Los Salvajes, Los Bravos, Fórmula V ou Los Brincos.

Galego

Los Manitoba en concerto

Los Manitoba formáronse a fináis do 2019. Na súa música conflúe o rock clásico co country, o swingbilly, o rockabilly e máis o psycobilly. O seu obxetivo: crear cancións que non poidas parar de bailar.

Compoñentes:

Juyma Estévez: Voz, contrabaixo e composicións

Andrelo: Guitarra

Noli Torres: Batería

Galego

La Chata Soul en concerto

La Chata Soul é un grupo formado na cidade de Vigo no 2016 pero con alma internacional, que se reflexa tanto na orixe dos seus membros como no carácter da súa música. A base dos seus temas, ten a súa orixe na música negra: blues, soul, funky, Rhythm e Blues ..., trasladando no seu directo este sentimento ao público de inmediato.

Galego

La Buena Nueva en concerto

La Buena Nueva está formada por cinco consolidados músicos que forman ou formaron parte doutros conxuntos musicais como Puma Pumku, Trifulca ou Esteban & Manuel. De feito é o propio Esteban o que capitanea esta banda que revisa os ritmos latinos, en constante diálogo e contacto coa cultura galega como consecuencia dos intensos fluxos migratorios entre Galicia e Sudamérica.

Galego

Juan Carballo & Os Imperfectos en concerto

Cunhas letras moi coidadas e un sorprendente son que camiña entre o folk e o Rock, son capaces de orixinar experiencias e aumentar seguidores en cada concerto.

Juan Carballo e Os Imperfectos comezan a súa andaina a finais de 2017 e durante dous anos percorren os mellores espazos e salas de Galicia, Asturias, León e recentemente de Portugal. Converténdose nunha das novidades na escena musical cunha proposta proposta diferente e orixinal.

Na actualidade continúan preparando novos concertos e a saída do seu primeiro traballo discográfico conxunto.

Galego

Inés Carreño en concerto

Presentación de Llanto, risa y calma, primeiro traballo discográfico de Inés Carreño, unha selección de
cancións de diferentes estilos como: música tradicional, cancións latinas ou standadrs de jazz,
cantado en diferentes idiomas que inclúen: galego, español, italiano e inglés.
A canción que dá título ao disco é unha composición propia, que está inspirada na súa vida e na
incrible experiencia de ser nai. Unha canción con tinguiduras sonoras do blues e música do sur de
España.

Galego

Igloo en concerto

IGLOO, grupo de recoñecido prestixio a nivel estatal están de volta co seu novo traballo. Un disco grabado en algúns dos mais prestixiosos estudios do país. O proxecto mais grande da banda galega ata a data.

 

 

Galego

Grilo en concerto

GRILO é un grupo rock en galego creado no 2018 na cidade de Compostela composto por Adrián (guitarra e voz, Miguel (batería)  e Alberte(baixo e coros)

En novembro de 2018 publicaron Criminal, o seu primeiro sinxelo. Un trallazo de rock duro que xa deixaba ver as influencias nas que se move o grupo. Rebelión, segundo asalto sonoro dos composteláns, foi publicado en febreiro de 2019 e permitiu á banda posicionarse no xerme da nova escena musical galega.

Galego

Ghaveta en concerto

Ghaveta presenta "A raíz do Pensamento" o novo de Beatriz Martínez (arpa), Diego Langarika (bouzouki e guitarra), Felipe Rodicio (violín) e Marta Martínez (voz, percusións y bouzouki).

Un traballo moi persoal e coidado no que a música tradicional galega continua a ser a gran protagonista sempre engalanada, con profundas armonías e ritmos.

En Ghaveta, corda, voz e percusión conxugarán en tódalas formas posibles na procura da emoción o ritmo, e o baile, que se culmina nunha conexión directa co ouvinte ata que é completamente partícipe dos directos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de música ao vivo