Rede galega de música ao vivo

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

MJ Pérez

MJ Pérez continúa coa xira de “A Luz Prendida”, o seu cuarto álbum, segundo de estudio. A cantautora arzuá dá un paso máis neste novo traballo cunha evolución e un cambio de rumbo na súa música, máis sen perder a súa esencia. Neste novo disco, MJ camiña máis por ritmos latinos, tintes da música de raíz e de músicas do mundo, abandonando así en gran parte o pop-rock máis habitual nela ata o momento. Mais se algo engloba todo este traballo é a canción de autor, a esencia de MJ e do xeito de escribir e narrar.

Galego

Marés Sonoras

Marés Sonoras é o encontro das diferentes sonoridades da península ibérica nunha viaxe musical que nos fala de emoción, sutilezas e identidade. Cando a saxofonista galega Patricia Cadaveira, proveniente da música clásica e contemporánea, e o percusionista catalán Marcel Pascual, especializado en vibráfono jazz, cruzan as súas vidas no Porto (Portugal), as súas orixes mestúranse coas súas vivencias musicais. Froito deste encontro nace este proxecto musical de conexións ibéricas.

Galego

Lulavai en concerto

Catro mulleres: Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz. Elas forman este insólito cuarteto, onde o protagonismo de 4 arpas celtas e a polifonía das súas voces, dan vida a unha formación única, chamada Lulavai.

Coñécense en 2005, ó tempo que formaban parte da orquestra folk Sondeseu, baixo a dirección do ex compoñente de Milladoiro e mestre de arpa, Rodrigo Romaní.

Galego

Los Wavy Gravies

Con antecedentes en bandas como LosHijos Bastardos de Peter Lorre ou The Allnight Workers, os irmáns Martín e Jorge Lorre comezan un novo proxecto a principios de 2.014, coa idea de facer dos seus concertos auténticas celebracións do Rock’ n’ Roll, onde o punk, o surf instrumental, psycho, garage ou mesmo o frat teñen unha cita ineludible coa diversión e o sentido do humor. Para iso recrutan para a causa ao Sr. Dobre M á guitarra, finalmente, a formación complétase no 2.017 coa entrada de Koko ( Toxic Patrol, Breakin’ Bones, Pegas Negras…) ao contrabaixo.

Galego

Xacobe Martínez Antelo Trío nos clubes

Sobre composicións orixinais de Xacobe, articúlase o trío máis jazzero do incombustible contrabaixista compostelán...

Aquí tes o cuarto traballo discográfico de Xacobe Martínez Antelo como líder. Despois de “Isto é Jazz” (2005), “Xacobe Martínez Antelo Trío” (2008) e “Jazz from Galiza” (2010), o prolífico contrabaixista de Compostela presenta “CAPTURAS” (2019).

Galego

Lola

Banda composta no 2018. Aínda que de pouco percorrido como formación, os seus compoñentes veñen de grupos con extensas carreiras, como Heredeiros da Crus, Banda Crebinsky o Mojo Experience.

A súa proposta musical está baseada nun rock enerxético, cun repertorio composto de temas propios mesturados con covers dos clásicos do rock

Os compoñentes son:

Enrique Otero, Diego Salgado, Manu Rey e Yolanda Martínez

Galego

Las Antonias

Destripan boleros, tangos e outras delicias fundindo as súas voces entre guitarra, vasoiriñas melódicas e un fagot atopado. Introdúcennos con histriónico pracer no seu mundo Antoñil para facernos sentir e saber que todos somos Antonias e Antonios. Comulgando sen reparos, transmitindo nutrintes, filtrando substancias nocivas e fabricando hormonas a ritmo dunha escena obscenamente risueña.

Galego

La casa de los ingleses en concerto

La casa de los ingleses é unha banda pontevedresa de indie pop, de cancións brillantes e harmoniosas, melódicas, envolventes e evocadoras, cun toque melancólico nalgunhas ocasións, sen reprimir o seu instinto máis rock nalgúns dos seus temas, todo iso primando sempre as melodías pop próximas e sen grandes artificios.

Este primeiro EP foi seleccionado recentemente como unha das dez mellores demos galegas de 2015 pola revista Mondo Sonoro.

Galego

Vudú

Vudú son letras chegadas da música tradicional galega con armonías fundamentalmente Soul e R&B. Vudú é unha música íntima, elegante para grandespequenos momentos.

Galego

Vientos Solitarios

Os Eternos están de volta. A banda de Cedeira, que fusionan a música  country/americana co rock ́ n ́ roll clásico, tivo que parar cando estaban no seu mellor momento, tras editar o imprescindible “ Back  on  the  Road” (Warner, 2010) , un traballo editado pola multinacional Warner que tivo unha espléndida acollida con 11 nomeamentos aos Premios da Música e moi boas posicións nas listas do mellor do ano por múltiples publicacións.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de música ao vivo