The Lákazans en concerto
Sandwina é un disco de intencións, capitaneado pola muller máis forte do mundo. Nel, preténdese debuxar arredor da figura de Kate Brumbwach, unha vienesa do século XIX adicada ao mundo do circo, a importancia do empoderamento real da muller. É a muller a que compón todas as letras de Sandwina e a que leva o fío narrativo do disco, confrontando sentimentos de dor e adversidade con afouteza e poder.

