Rede galega de música ao vivo

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

AAF60 en concerto

Alberto Cunha (guitarra e voz), Andrés Cunha (baixo eléctrico e voz) e Rafael Otero "Feluco" (batería), únense para recuperar a música dunha das mellores décadas músicais, os anos 60...

E fanno en formato trío para facer un percorrido polas cancións máis recordadas de Los Brincos, Los Mustang, Lone Star, etc... sempre con moito humor e saber facer, para crear unha atmósfera especial e lembrar os mellores éxitos musicais dos anos 60 e 70.

Galego

A Banda da Loba en concerto

A banda da Loba está integrada por cinco mulleres que decidiron unir as súas traxectorias individuais para dar voz a este novo proxecto: Xiana Lastra (voz), Marcela Porto (percusión), Andrea Porto (baixo e guitarra), Inés Mirás (guitarra e teclado) e Estela Rodríguez (violín).

 

Destaca a creación dun repertorio propio baseado en cancións da súa autoría como en musicalizacións de poetas como Celso Emilio ou Manuel María ou outros textos tomados dos poemarios de poetas máis novas como Rosalía Fernández Rial ou Celia Parra.

 

Galego

Igual es diferente

ZAPA! é un trio de rock formado en Compostela por músicos de tres xeracións. Iníciase en 2015 ao redor das composicións de Martin Zapata, guitarrista e cantante. Con Fran Facal á batería e Jacobo García ao baixo dan forma a un rock potente e denso, que nos leva desde o son dos 70s ata o stoner actual. Na súa primeira gravación (Igual é diferente; 2017) denuncian a contaminación do mercantilismo no cotián, o amor e a arte, mostrando reacción contra o esmagador poder do falso e o aparente, en cinco exemplos de furia transformada en celebración catártica

Galego

The Soul Breakers

The Soul Breakers é unha banda que aúna swing, funk, soul, rhythm&blues e rock para dar un son intenso a través dun show dinámico e transmitir a amálgama de emocións ao público a través das súas composicións.

Os seus compoñentes, con traxectorias amplas no mundo da música, reuníronse para dar renda solta a un proxecto común cheo de forza, expresividade e matices, a través dun intenso e variado repertorio con vocación de directo.

Galego

Green wiht envy

Valentín Caamaño mostra e demostra con sinxeleza e mestría en oito cortes que é capaz de traer o pasado ao presente nunha viaxe sonora en grao sumo pracenteiro, que o be-bop está moi vivo e que non é só unha peza de museo" (Enrique Farelo sobre "Green With Envy", Tomajazz, febreiro 2017)

Novo proxecto paralelo do guitarrista compostelán Valentín Caamaño, no que rende homenaxe ao gran guitarrista Grant Green. Dedicado á súa memoria e sempre co blues como raíz e referencia, é capaz de captar a esencia da súa música e interpretación, pero a través da súa persoal forma de entendelas.

Galego

Tanxugueiras en concerto

Tanxugeiras é un grupo de tres cantareiras (Olaia, Sabela e Aida) procedentes da zona de Teo e do Barbanza, con sede en Couso ( A Estrada). Formado oficialmente en Xaneiro do 2016, co paso do tempo decidíronse a aumentar o grupo, creando un espectáculo xunto a Cibrán Seixo (violín) e Rubén Fernandez (acordeón), enriquecendo así a súa sonoridade. Úneas simplemente o pracer de cantar e tocar a música da nosa terra e de recoller o herdado das nosas avoas...

Galego

A maxia do Mago Deimi

Deimi, ofrécenos un espectáculo de maxia moi variada e divertida onde predomina o seu dinamismo cun estilo cómico e desenfadado. Tamén cabe destacar a variedade de xogos: cartomaxia, manipulación, escapismo, mentalismo, maxia bizarra, levitacións, maxia con lume, maxia con animais (coello, peixes.), aparicións e desaparicións, transformacións...

Todo acompañado de moi bo humor, música de fondo para marcar o ritmo da maxia e a participación activa do público. Ao facer partícipe do espectáculo aos asistentes, a maxia faise mais crible e inesquencible para eles.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de música ao vivo