Rede galega de música ao vivo

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Raíces Aéreas

Dende as raíces musicais galegas agroman os sons aéreos da arpa de Luis Martinez e a voz de Mónica de Nut. Cancións de composición propia e revisión da tradición son o repertorio de este novo duo que ven a aunar ambas traxectorias artístiscas; a de Luís Martínez bebe da tradición e a de Mónica de Nut do eclecticismo.

Un espectáculo axeitado para toda a familia, adaptable ás dimensións de cada espazo e tamén dispoñible en formato acústico ou amplificado segundo a querencia ou as condicións da sala da parte contrante.

Galego

Concerto de Los Mecánicos

Fernando Esclusa (Guru Deva), Fran Castro (ex Strauss, Mr. Dixie Jazz Band) e Fernando Lamas (Lovely Lúa, Mr Dixie Jazz Band) proxectaron as súas obsesións musicais cara á década dos sesenta. Estes mozos e xa veteranos músicos  xuntáronse co san obxectivo de reverenciar tan inmenso legado do pop-rock anglosaxón de formacións tan extraordinarias como The Beatles, The Kinks ou Small Faces que se mesturarán de maneira explosiva co variado cocktail de artistas tan estrañados do rock hispano como Os Salvaxes, Os Bravos, Fórmula V ou Os Brincos.

Galego

Gelria: Cantos de Poeta

Antoloxía de poemas da lírica galega de todos os tempos, musicados por F. Mosquera e M. Cortizo, desde o Rexurdimento de Curros Enríquez e Rosalía de Castro ata autores actuais como Xosé Luis Méndez Ferrín ou Chus Pato.

Antoloxía poética musicada” na que percorren boa parte da historia literaria galega. A música respira sons da tradición mais tamén do jazz ou da música contemporánea.

Elena Tarrats, Mario Cortizo e Federico Mosquera son Gelria; nome do buque holandés no que Manuel Antonio nos anos 1928 e 1929 realiza tres viaxes a América.

Galego

Andhrea & the Black Cats en concerto (formato trío)

Andhrea and the Black Cats é unha banda de blues clásico formada en Santiago de Compostela, composta por Ramón Figueira "Figui" (armónicas), Andhrea Verdú (voz) e Benjamín Vázquez (guitarra). Dende a súa creación veñen interpretando temas do blues máis tradicional aderezados co seu particular estilo.
O repertorio de Andhrea & the Black Cats supón un percorrido na historia do blues, unha viaxe na que se traslada ó público a outra época a través das historias narradas no sou momento polos autores máis clásicos cun trasfondo, na maioría dos casos, vixente aínda hoxe en día.

Galego

Faltriqueira en concerto

 Neste repertorio Faltriqueira repasa a súa carreira profesional, o seu flamante repertorio discográfico cheo de éxitos e poesía.

 Unha proposta músico narrativa onde  se conta a historia romántica de Ledán e Minla, protagonistas dun amor  prohibido na  época da Galicia feudal e recollido na lenda da Ponte do Demo que da nome a súa vila natal, Pontedeume.

 

 

Galego

Tonichi e Pacheco

Tonichi e Pacheco "é unha proposta artística que mestura o virtuosismo musical centrado nas grandes figuras e iconas da guitarra , como Paco de Lucía, Django Reinhardt , Zorba the Greek... cunha grande selección de temas cantados que, dunha forma sentimental e/ou lúdica non deixan indiferente a ninguén.

Todo isto mesturado cunha gran dose de humor fan que o espectáculo sempre remate nunha gran festa.

Galego

Tincho Fernán en acústico

Nunca é demasiado tarde para intentalo, para lembrar ou para esquecer, para aprender, para cambiar ou para...

Un concerto acústico, próximo, interactivo, contando historias comúns e vivindo un momento inesquecible. Un disco cheo de cancións positivas, con colaboracións de luxo e a produción de Javier Abreu.

Concerto dentro da programación da Rede galega de música ao vivo. Confirmar concertos nos espazos onde se celebran.
 
 

Galego

The Lines

The Lines nace a finais de 2014 composta por catro músicos chegados de outros proxectos previos na escena pop-rock zaragozana.

Coidadas letras anglosaxonas, poderosas guitarras e rifts pegadizos.

Directos viscerais dentro da programación da Rede galega de música ao vivo.

Galego

Sinestesia

Temas propios afrontados dende o xénero de rock feito en castelán. Beben do blues de Chicago e da psicodelia dos sesenta (Hendrix, Cream,The Doors), con certos matices do jazz ou do soul, mezclando solventemente estas tendencias musicais coa canción de autor estatal de tradición roqueira (Quique Gonzalez, Ariel Rot, Los Rodriguez, Joaquín Sabina..)

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de música ao vivo