Rede galega de música ao vivo

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

A maxia do Mago Deimi

Deimi, ofrécenos un espectáculo de maxia moi variada e divertida onde predomina o seu dinamismo cun estilo cómico e desenfadado. Tamén cabe destacar a variedade de xogos: cartomaxia, manipulación, escapismo, mentalismo, maxia bizarra, levitacións, maxia con lume, maxia con animais (coello, peixes.), aparicións e desaparicións, transformacións...

Todo acompañado de moi bo humor, música de fondo para marcar o ritmo da maxia e a participación activa do público. Ao facer partícipe do espectáculo aos asistentes, a maxia faise mais crible e inesquencible para eles.

Galego

Ai, que lio

IGMIG é unha banda viguesa formada por Mig, Seoane (guitarra, voz) Nacho Muñoz/Madamme Cell (electrónica, voz) e Suso Alonso (percusión, voz), tres músicos de longa traxectoria en distintos estilos musicales, que deciden xuntarse en 2013 para crear IGMIG, unha mistura explosiva de rock, funk, postpunk, electrónica, música contemporánea e músicas do mundo.

Galego

Gustavo Almeida

Gustavo Almeida une na súa música o funk, o reggae, o rock ou o pop, arroupados por unhas harmonías e melodías influenciadas polo seu Brasil natal, facendo da súa música algo con identidade propia.

Falar do seu estilo é falar de pop, funk e reggae, con influencias rítmicas e armónicas da rica música de Brasil, de músicos importantes para sua evolución artística como son Djavan, Caetano Veloso o Jorge Drexler. É falar de amor, de amistad e de experiencias de vida.

Galego

Kelibén en concerto

Cando a paixón, o coñecemento e a experiencia se unen, o resultado sempre é único. Iso é exactamente o que ocorre cando baila Isaías Salazar acompañado por Miguel Flores á guitarra e Sandra Calderón ao cante.

Estes tres artistas con elegancia, pero sen límites expresivos, lévannos de viaxe por un mundo de ritmo, movemento e beleza, tan espontáneo como fácil de apreciar por calquera tipo de público. Neste espectáculo, baile, cante e guitarra únense como elementos esenciais do flamenco máis honesto, expresándose na dualidade entre a tradición e a vangarda desta arte.

 

Galego

Felipe Villar Organ Trio

O novo trío de órgano do guitarrista Felipe Villar comeza a andar en 2016 con Alex Salgueiro no órgano hammond e Max Gómez na batería. Este trío xurde do amor por esta formación, clásica no Jazz e que nos ten deixado numerosos e memorables exemplos, dende Wes Montgomery a Peter Bernstein.

A calidez do sonido do órgano e a súa mestura coa guitarra son o ponto de partida para revisar standards, blues, funk e tamén temas orixinais do repertorio de Felipe Villar

Galego

Cora Sayers en concerto

Concerto da cantante Cora Sayers, acompañada da súa banda, no que presentará os seus novos temas en castelán e no que fará un breve repaso dalgúns en inglés.

Cora atópase inmersa na presentación desta nova e fresca etapa musical, que a levará a tocar no Santiautor, en dous concertos do Club-E, en varias cidades europeas e na Fiesta Demoscópica da Mondosonoro en Vigo.

Cora: voz e guitarra

Nico: guitarra

Nico: baixo

Iván: batería

Galego

Bicos con luvas

Coanhadeira regresa cun novo disco: entraron no estudio de gravación onde gardaron nunha caixiña todas as pequenas e grandes ideas xurdidas ao longo dos últimos cinco anos. Bicos con luvas pretende sumarse en positivo á música feita en Galiza, sen prexuízos e facer bailable calquera lugar; ateigar do poder da percusión, de letras sorprendentes, de atmosferas sutís, de adornos do país e de anacos dos mundos de cada un dos compoñentes da formación e do camiño conxunto ata hoxe de Coanhadeira.

Galego

Brinkadelia Troupe en concerto

Dende terras galegas e para toda a galaxia unha nova explosión de son e enerxía positiva, unha reacción en cadea que ameaza con sacudir a mecánica dos vosos corpos cun forte boom! de ritmo triturador e boas vibracións..ska,reggae,funk,rock,balkan,rap...música para que o público non pare de brincar..festa asegurada..somos pensadores consagrados, a nosa filosofía é universal "love to eveyone" amor para todos.

 

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de música ao vivo