Blues do Pais en concerto
Bieitta James e Pepe King ofrecen 75 minutos de blues, risas, bailes e moita retranca. A diva rural e o Blusmanciño enriba das táboas a bater cos zocos.

Bieitta James e Pepe King ofrecen 75 minutos de blues, risas, bailes e moita retranca. A diva rural e o Blusmanciño enriba das táboas a bater cos zocos.
O contrabaxista galego Baldo Martínez (Ferrol 1959) é un dos músicos máis representativos do jazz contemporáneo feito en España, na linea do jazz europeo actual alterna a súa actividade musical entre o Jazz e a música libre improvisada.
Handle with Swing é un trío de swing- jazz feito a man nado no 2018 en Santiago de Compostela.
HWS ofrece degustar musicalmente un menú de moito swing con guarnición crooner, maridado con viños bluseiros e doces de bo rollo. Todo cociñado con músicas a medio tempo e luz a medio gas. Esperamos que goces tanto coa nosa música como o facemos nós sobre o escenario.
Formación:
Manuel Gómez........piano
Tomás Porteiro........guitarra
Xabier Mera.............voz
Nesta proposta musical hai temas onde se recrea a sonoridade do órgano oriental lembrando a estética rural dos campos cubanos, desde o changüí ata o mambo de Pérez Prado. Outros temas remiten ás orixes do blues ou ás cores de Monk para sorprender co contraste de propostas próximas ao minimalismo, que fan do directo unha fantasía artística.
Cando a paixón, o coñecemento e a experiencia se unen, o resultado sempre é único. Iso é exactamente o que ocorre cando baila Isaías Salazar acompañado por Miguel Flores á guitarra e Sandra Calderón ao cante. Estes tres artistas con elegancia, pero sen límites expresivos, lévannos de viaxe por un mundo de ritmo, movemento e beleza, tan espontáneo como fácil de apreciar por calquera tipo de público. Neste espectáculo, baile, cante e guitarra únense como elementos esenciais do flamenco máis honesto, expresándose na dualidade entre a tradición e a vangarda desta arte.
The Mad Swing Combo pretenden levar o seu estilo a todas partes, sen prexuizo de edad, raza ou lugar de orixe.
O proxecto surxe como unha sinatura pendente posposta en varias ocasions ainda que o
antecedente que da forma ao proxecto remontase as navidades do 2017 cando se formou con
gran éxito de público e crítica o “MadMartin Blue Christmas Combo”.
Mad Martin trío tiveron dende o principio unha vocación internacional.Fixeron xiras por media
Europa, o seu “High Energy Rock-a-Billy” sonou por escenarios de Noruega, Suecia, Finlandia,
Falar dos irmáns Freiría, Justo e Jose, é falar de música. Os seus inicios remontánse á súa xuventude, cando pasaban as tardes tocando xuntos. O tempo vai pasando, as ideas xurdindo, e coa chegada de Rubén, un amigo baxista, consolídase o núcleo do que será Habitación Vudú. Son varias as formacións coas que se busca un estilo e un son propio, pero coa particularidade de conservar sempre o núcleo da banda.
A viaxe de Yoyo é o título do terceiro traballo discográfico de Dous, unha viaxe sonora polo universo particular destes dous recoñecidos músicos galegos con arrecendos a jazz e músicas do mundo.
Un concerto cheo de matices para ser escoitado con atención e deixar viaxar a imaxinación, no que prima a busca da emoción por riba do virtuosismo instrumental.
Despois dun tempo sen xuntarse, catro músicos cunha amplia bagaxe musical (tocando en grupos como High Sierras, Wildcats, Inculpados, AAF´60, etc) reúnense de novo para facer un amplio percorrido polo máis granado do rock&roll internacional.
Alberto Cunha (showman, actor) á voz e guitarra, Jacobo Jiménez (mestre de mestres) á guitarra eléctrica, Jesús Dasilva ó baixo eléctrico e Andrés Cunha á batería, conforman unha das máis explosivas formacións musicais...
O guitarrista e compositor galego Víctor Aneiros lanza ao mercado o seu último álbum baixo o título de Un extraño entre la multitud. O proxecto mostra unha nova faceta do artista que dicidiu cambiar a melancolía blusera, por ritmos rockeros e a lingua galega, que caracterizaba a súas letras, polo castelan.