Rede galega de música ao vivo

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Outro que tal baila

Nas actuacións de Tiruleque están presentes instrumentos unidos á música tradicional galega, mais empregados ao seu xeito. Reinterpretando en certa maneira a tradición, Tiruleque recorre á súa intuición musical á hora de arranxar melodías tradicionais e bota man da riqueza de instrumentos que esta música nos ofrece, pero dando un paso mais aló no uso das tonalidades e modos.

Galego

Homegrown

The Lákazans son unha banda que conxuga o blues, o country e o soul. Despegan, desde Santiago de Compostela, co seu primeiro album Homegrown, unha explosión de vertentes procedentes da música americana. Gravado nos estudios Casa de Tolos, por Segundo Grandío, este álbum está composto principalmente por temas de propia composición.

Os seus directos son a súa mellor carta de presentación. A calidade improvisadora dos músicos e a forza e a garra das súas vocalistas non deixan indiferente ao espectador.

Galego

Tato Trio en concerto

Tato Vázquez na guitarra, Alex Salgueiro no órgano Hammond e LAR Legido na batería forman este trío compostelán, que nace para render homenaxe a algunhas das figuras máis importantes do xénero soul-jazz das décadas dos 60 e dos 70, na busca por reflexar a frescura e o ritmo dunha época influenciada pola sonoridade do órgano Hammond.

Galego

Sabela King & The Heartbreakers

Sabela King & The Heartbreakers é un trío musical de blues formado por Sabela King (voz e ukelele), Ramón Figueira (armónicas) e Benjamín Vázquez (guitarras) Todos os músicos son membros de The Lákazans.

Concerto íntimo e intenso que fai un repaso polos temas máis emblemáticos do blues, country e o soul ata chegar á actualidade, adaptando versións dos clásicos destes xéneros a un formato reducido. Parte do repertorio está formado por temas propios.

Galego

Rock&love

Rock & Love é o título do terceiro disco da artista española Patricia Moon. Gravado e producido por Álvaro Villagra, gañador dun premio Grammy polo álbum Supernatural de Santana, e Nelson Pombal na cidade de Buenos Aires, nos estudos Monsterland (estudo do Abasto), Nosfer e Los Pájaros, este último por cortesía de Palito Ortega. Gravado por músicos de primeiro nivel como Fernando Samalea na batería e percusións, Ponch (Juanse, ex-Ratones Paranoicos) ao baixo e Miguel Ángel Tallarita na trompeta, por citar algúns.

Galego

Cora Sayers en concerto

Concerto da cantante Cora Sayers, acompañada da súa banda, no que presentará os seus novos temas en castelán e no que fará un breve repaso dalgúns en inglés.

Cora atópase inmersa na presentación desta nova e fresca etapa musical, o que a levará a tocar no Santiautor, en dous concertos do Club-E, en varias cidades europeas e na Fiesta Demoscópica da Mondosonoro en Vigo.

Galego

Brais Morán & Nasaufunk en concerto

Coñecido como o cantante e guitarrista da banda galega de funk Loretta Martin, Brais Morán constrúe agora outro universo paralelo cunhas letras máis persoais e cunha forma máis individualista e directa de transmitir, onde decide coller a guitarra e poñerlle unha voz máis desgarrada a unhas cancións que tentan abrir outro camiño máis definido e máis potente na música actual.

Co lanzamento do seu single En paz busca reflectir a forza e o rock como producto das vivencias destes últimos anos experimentados no panorama da escena galega.

- Brais Morán: guitarra e voz

Galego

Bakin Blues Band

A Bakin Blues Band está formada por Javier Turnes, voz e guitarra, David “Tato” Vázquez, guitarra solista, David “Bibi” Prieto, baixo, Alejandro Casquero, teclado, e David Failde, batería.

Este proxecto percorre a historia más clásica do blues, desde I can’t be satisfied de Muddy Waters, pasando por Evil de Howlin’ Wolf, Don’t start me talkin' de Sonny Boy Williamson ou o Oh Red de Rufus Perryman.

Galego

Xira: Casandra

MJ Pérez presenta o seu terceiro disco: Casandra, un álbum no que a cantautora galega explora novos estilos. MJ chega ata aquí logo dun curto pero intensísimo percorrido, con preto de 100 concertos por toda Galicia e tras acadar un segundo posto no VIII Concurso Musical da Deputación da Coruña (con grupos como Bala ou The Trunks), e tras proclamarse gañadora do Xuventude Crea 2017. MJ Pérez segue sumando neste percorrido no que presenta o que é xa o seu 3º disco (primeiro de estudio).

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de música ao vivo