Rede galega de música ao vivo

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Miguel Lamas Project

O coñecido bateria ferrolán presenta o seu segundo traballo Miguel Lamas Project, para o que contará co guitarrista e cantante madrileño Carlos Leal e o famoso cantante neoyorkino Dean Bowman, coñecido polo seu traballo con Screaming Headless Torsos ou Jon Scofield entre outros. Ademais, por suposto, dos músicos base da banda: Iago Mouriño (piano), Pablo Añón (saxo) e Octavio Vargas (baixo).

Galego

Translations Trío

Repertorio de versións aflamencadas de distintos autores e músicas; dende John Lennon ata Charles Mingus por bulerías, fandangos, tangos... Este trio xurde despois da publicación do disco Flamenco translations de Marcos Teira.

Galego

Furtivos

Javi Maneiro leva máis de 25 anos na música, primeiro con Heredeiros da Crus, co que sigue activo, e posteriormente con Jabón Blue, grupo co que acadou gran éxito ata a súa disolución fai 5 anos.

Agora chega coa súa proposta en solitario, Furtivos, despois de conseguir a financiación para a gravación do disco a través dun crowdfunding onde o apoiaron 364 persoas e recadou casi 11.000 euros.

A súa proposta de rock elévao á órbita dos grandes do panorama nacional.

Galego

High Energy Rock-a-Billy

A banda presenta Tornado, un vinilo en 10", financiado cunha exitosa campaña de crowdfunding, producido por Mike Mariconda e gravado en analóxico.

Neste traballo teñen temas propios e versións, como Tornado, dos Jiants que da título ao disco e que é das favoritas de la banda.

Galego

Aló Django Cuarteto

Aló Django é un proxecto galego que busca a inspiración no jazz e na música dos xitanos manouche centroeuropeos: o chamado gypsy swing, un estilo, lírico, alegre e acústico cuxo máximo representante é o mítico guitarrista Django Reinhardt.

Ademais Aló Django é un show divertido máis alá do estritamente musical, coa a interactuación cómica co público, enfiando así música con xéneros escénicos de entretemento como o cabaré ou o music-hall, deonde veñen parte do seus integrantes.

Galego

The Fabulous Resaca Brothers

The Fabulous Resaca Brothers é unha banda cun repertorio maiormente centrado no blues eléctrico, con algunha incursión polo soul. Os seus concertos son divertidos e enerxéticos, traendo Chicago a este lado do Atlántico para que o público desfrute do blues máis canalla!

The Fabulous Resaca Brothers, agora cun 33% máis de acordes!

Galego

The Swinging Flamingos

O espíritu da Nova Orleans dos anos vinte e a vibrante enerxía da era do swing mestúranse con elegancia en The swinging flamingos, que buscan trasladar a un formato reducido a esencia das grandes big bands norteamericanas.

Fats Waller e Louis Armstrong van da man de Count Basie e Frank Sinatra nesta particular homenaxe que The swinging flamingos ofrece.

Galego

Cría fama e bótate a correr

Tras o seu paso polo Luar, Aldaolado reflexionan sobre as virtudes e baixezas da fama. E que mellor lugar para facelo que sobre os escenarios e con este novo espectáculo onde as poetas se reinventan a si mesmas, airean as súas vergoñas antes de que o fagan nas revistas de papel cuché e comparten cos asistentes os poemas que as sacarán de pobres e aqueles que merecen os máis escuros agochos.

Galego

Lesuit e banda

Formato con banda, concerto eléctrico e cargado de enerxía, un show no que se presentan as novas cancións de Pablo Lesuit cheas de movemento e baile. Poderíase definir como un encontro entre a canción, a música de raíz e independente e a música electrónica.

Galego

Juyma Estévez

Trío de jazz que mestura tradición e modernidade.

Coa súa música tentan que o publico disfrute dunha velada na que por un intre as preocupacións e problemas diarios desaparezan do seu corazón, deixando un sorriso de complicidade debuxado nas súas caras.

Formación:

Juyma Estévez: contrabaixo, arranxos e composicións

David Regueiro: guitarra

Noli Torres: batería

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de música ao vivo